Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Toxos e flores”

San Sadurniño, 2015

2ª Chanfaina'Lab (2). Estrea venres, 26 de febreiro do 2016
Directora: Lucía Vilela
Son: Marcos Flórez
Montaxe: Marcos Flórez/Lucía Vilela
Música: Mociños de Igrexafeita, (1971)
Formato de filmación: super 8mm
Sinopse: Arquitecturas naturais, naturezas mortas, espazos de luces verdes e marróns absolutos.
Duración: 4’ 15’’
Filmada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 dentro do programa da Chanfaina' Lab.


A cineasta luguesa Lucía Vilela é -sobre todo- una sólida documentalista gráfica, tanto no ámbito fotográfico como fílmico, que xa ten demostrado dabondo o seu talento en diversos proxectos cinematográficos, expositivos e editoriais. Quizais esa ollada documentalista, interesada nos soportes e texturas da creación audiovisual, foi determinante -como na súa curta "Bionte" - na elección do tema elixido pola cineasta.
"Toxos e flores” agroma da experiencia persoal, das primeiras sensacións na súa toma de contacto con San Sadurniño e co propósito de deixar un rexistro físico -en soporte fotoquimico- da súa estadía entre nós. “Chamoume a atención a paisaxe e a abundancia de bosques do territorio, semellaba como unha continuación de elementos repetidos, arbores, follas, troncos, flores; a madeira como cemento do visible. Así pois, comecei a filmar dende o pechado, a fábrica de INTASA ata elementos naturais, abríndose pouco a pouco á paisaxe humana. Lamentablemente estragóuseme un carrete de super 8 mm no que filmei moitas portas de madeira que pechaban o círculo das texturas”.
Lucía amplificou as súas sensacións persoais mediante unha montaxe repetitiva, potenciada polo ritmo tradicional da banda sonora, construída por Marcos Flórez coa sorprendente utilización dunha peza folclórica da tradición local, Mociños de Igrexafeita. Así pois, preparémonos para sentir e case tocar a madeira e a natureza a través da súa texturas "espazos de luces verdes e marróns absolutos" e gozar da belísima composición pictórica das imaxes.

  • "Toxos e flores”

  • Lucía Vilela

  • Lucía filmando en San Sadurniño

  • Lucía e a madeira

  • Lucía preto de Naraío

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, San Sadurniño (parroquia), vídeos, visitantes, naturezas

Autor/a: Lucía Vilela

Vídeos:
Entrevista a Marcos Flórez e Lucía Vilela en Curtocircuito 2015

Compartir en: