Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Toma de posesión de Bernardino de Andrade

O Casal, San Sadurniño, 1664

Dende a fundación do Morgado en 1526, os Señores de San Sadurniño realizaban un curioso ritual para tomar posesión do Señorío cando herdaban o título. A cerimonia da toma de posesión facíase dende tempos inmemoriais nun cuarto que chamaban "A Torre", como parte máis antiga da casa. O escribán levaba pola man ao Señor, ataviado cunha casaca de baeta negra e varios “ elementos” simbólicos: pedra, madeira, tellas e ramallos de árbores ou espigas de centeo, que tiraban pola fiestra mentres se recitaba o texto da toma de posesión. Así quedaba proclamado como dono recoñecido e legal de todas as propiedades do Señorío de San Sadurniño.

Temos novas do ritual de toma de posesión en 1664 de Bernardino de Andrade, VIII Señor de San Sadurniño, fillo de Pedro de Andrade e Castro, segundo información facilitada pola historiadora Margarita Sánchez:


Bieito Beceiro Fernández, mozo de Bardaos e estudante de 2º BAC no IES “Concepción Arenal” de Ferrol reconstrúe a cerimonia de posesión de Bernardino de Andrade coa xenerosa colaboración de Manuel Beceiro e Montse Fernández.


Porén, Bernardino de Andrade finou en 1680 -dezaseis anos despois da toma de posesión- en Santiago , aínda que os seus osos soterráronse na Capela Maior do Convento do Rosario. Faleceu solteiro e non tivo descendentes, polo que os dereitos do Señorío pasaron ao seu irmán José de Andrade e Pardo.

Toma de posesión de Bernardino de Andrade

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), Señores de San Sadurniño, vídeos

Autor/a: Bieito Beceiro Fernández

Compartir en: