Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"The Sansa stomp"

San Sadurniño, 2018

5ª Chanfaina Lab (8). Estrea: venres 5 de abril do 2019.
Director: Iago Lourido
Colaboradores: Pablo Martínez Romero e Joám Cortizas Fernández
Canción: Renard (You got curves she got curves)
Sinopse:"É unha especie de videoclip que intenta amosar San Sadurniño dunha maneira distinta e orixinal, a través do estilo musical Stomp -pisar moi forte-, que vai cambiando de persoa segundo avanza o vídeo."
Duración: 1' 16''
Gravada en San Sadurniño do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.


Iago Lourido naceu en Ferrol no 2004, mais cando tiña tres anos a súa familia trasladouse a Naraío. Estuda 3º da ESO no CPI de San Sadurniño. Aos seus 14 anos Iago é un mozo inquedo e activo ao que non lle para a cabeza. Gústalle o parkour, como ben quedou acreditado na súa colaboración na 4º Chanfaina en "Enamorándose de San Sadurniño" do seu amigo Pablo Martínez. Mais tamén e un gran apaixoado da fotografía e de todo canto teña que ver co cinema e o audiovisual. Na súa canle de youtube "MyNameIsDex" vai colgando todo o que produce con xa máis de 50 vídeos. Asemade xestiona e deseña a marca propia de roupa "Kraken". O seu soño de futuro é ser director de fotografía.

Nesta edición, Iago participou activamente no "Obradoiro de son" impartido por Carlos Suárez e colaborando nas curtas dos seus amigos Pablo e Catalina. Para realizar a súa peza inspirouse no movemento Stomp -estilo musical con ritmo rápido que se acentúa batendo o chan co pé-. Un xénero que xunta percusión, movemento e un humor moi urbano que Iago decidiu "traer" a San Sadurniño. “Realmente a idea xurdiu ao ver un canal de YouTube chamado MikeDiva. Alí sorprendinme co concepto dun vídeo no que un mozo ensinaba a cidade de Tokyo e decidín facer algo parecido en Sansa. Magoa que pensei que ia a darme tempo a gravalo nun día, pero fíxoseme de noite antes do que eu pensaba. Tamén lamento que ao non ter un bo estabilizador de imaxe non me saíu todo como tiña planeado.”

"The Sansa stomp" ofrécenos un punto de vista orixinal sobre Sansa no que a experimentación segue a ser o motor da peza como é case habitual nas curtas da Chanfainalab. Iago xoga co ritmo, a música e a expresión corporal, trasladando un fenómeno urbano á realidade rural de San Sadurniño: " Con este vídeo, pretendía cambiar o punto de vista e amosar San Sadurniño dende unha pespectiva diferente, divertida e amena para o espectador". Na Chanfainalab sentímonos moi orgullosos de que xente tan nova e creativa como Iago e os seus amigos e amigas participen na Chanfainalab, aportando frescura e orixinalidade ás miradas dos cineastas sobre San Sadurniño.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón

  • "The Sansa stomp"

  • Tres amigos:Iago Lourido, Joám Cortizas e Pablo Martinez

  • Iago ao fondo no obradoiro de son de Carlos Suarez

  • Os tres amigos gravando sons as beiras do Río Castro

  • Benxamins da Chanfaina na prantacion do castiñeiro conmemorativo

  • Iago Lourido na fotografía oficial da chanfainalab

  • Iago Lourido na estrea mundial da chanfaina lab

  • Iago Lourido presentando "The Sansa stomp"

  • Joám Cortizas facendo stomp

  • Pablo Martinez facendo stomp

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: creador@s, música, nenos e nenas, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Iago Lourido

Vídeos:
Los Niños De Hoy En Día
Donde mi abuelo trabajó hace 46 años
Las Vegas de Compostela

Compartir en: