Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Asociacións

Asociacións do pasado e do presente de San Sadurniño nas sete parroquias.

Sociedade de instrucción e progreso "El porvenir" de Ferreira

Ferreira, 1924

Durante a década de 1920 agromaron en San Sadurniño una serie de “Asociacións Culturais e Recreativas” que pretendían organizar e dinamizar a estancada vida cotián dos labregos e labregas das diferentes parroquias do Concello. Moitas destas asociación foron creadas por emigrados retornados que tentaban de aplicar “acá” algunhas das ideas socializadoras que viron “alá”, como por exemplo “La flor de Naraío” ou o Centro cultural e recreativo de Lamas. Nesta ocasión aportamos proba documental da existencia dunha asociación en Ferreira denominada: Sociedade de instrución e progreso "El Porvenir" de Ferreira. A petición de legalización viñ asinada polo comerciante Juan Hermida Lamas, concelleiro na corporación municipal presidida por Ángel García Fernández en 1906. A sede provisoria estaba no seu domicilio en Tarambelo. O presidente era Vicente Hermida Meiraz. Descoñecemos as actividades realizadas por esta asociación. Agradeceríase calquera información ao respecto.

  • Sociedade de instrucción e progreso "El porvenir" de Ferreira

  • Solicitude autorizacion Sociedade "El porvenir" (1924)

load

Comentarios

Maria Consuelo Picos Picos

2014-06-24 22:21:49

Según e recopilando datos. Esta sociedade estaba constituida para administrar os cartos que viñeron da Arxentina para facer as duas escolas de Ferreira . O presidente era Vicente Hermida de Burreiros, pero habia unha corporación, entre eles eran : José Bañobre (Souto calvo) Vicente Castro ( A Fraga) Grandál de Piñeiros, Mera da Senrra, Campos do Couce da Fraga, e quizás habian mais, pero agora non lembro. Os cartos madábanos, unhos homes de Toribio de Cadavás apellidados Naveiras, emigrados na Arxentina, parece ser ,que nesa casa que na actualidade ainda viven descendentes , tiñan documentos. Non parece dificil dar con datos máis exactos

Fálame

2014-06-25 14:23:42

Moitas grazas pola valiosa información, seguiremos a pista que nos facilitas. Un saúdo.

Máis imaxes

Temas: asociacións históricas, emigración, Ferreira

Compartir en: