Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Sibila"

Narío, 2016

3ª Chanfaina Lab (5). Estrea venres 17 de marzo do 2017.
Directora: Carla Andrade
Son:Marcos Flórez
Música: Sandeep Routh
Reparto: Ángela Arnosa, Víctor Casanova e a egua "Blanca".
Sinopse: "Sibila viaxa dende Constantinopla ata Naraío para pasar os seus derradeiros días consumida pola melancolía por mor do mal de amor producido polo seu irmán xemelgo Silván. Partindo dunha das múltiples narracións que se suceden e interpolan de forma sincopada no relato de Álvaro Cunqueiro “El Caballero”, recreamos unha pequena historia mediante unha estética depurada e baseada na elipse para contrarrestar o evidente “horror vacui” que caracteriza a súa obra"
Duración: 8' 31''
Inspirada libremente no relato breve "El Caballero" de Álvaro Cunqueiro.
Gravada nos días 3 e 4 de setembro do 2016 nas parroquias de Naraío e Ferreira dentro do programa da 3ª Chanfainalab.
Este filme poderá verse de novo en canto remate o seu periplo por festivais nacionais e internacionais.



Licenciada en Comunicación Audiovisual e Filosofía, a viguesa Carla Andrade xa é unha cineasta consolidada, cunha dilatada traxectoria internacional como creadora visual e distinguida con múltiples becas e residencias artísticas en lugares tan dispares como Islandia, Francia, Suecia e Nepal. De feito, a súa obra fotográfica e mais unha ducia de vídeos teñen viaxado por medio mundo, sendo seleccionados en case un cento de exposicións fotográficas e instalacións en Estados Unidos, Brasil, Suecia, Alemania, Rumanía, Portugal, Francia, Reino Unido ou centros de Arte como 104 (París), MARCO de Vigo, CGAC de Santiago e o Museo Guggenheim de Bilbao. Se algo caracteriza a obra visual de Carla é súa actitude inqueda e exploratoria, cunha aposta creativa pola indagación e a mirada poética, na procura permanente de novos xeitos de ver, mirar e sentir. A súas imaxes son, en certo sentido, un modo de (re)coñecemento da realidade que mestura dende o máxico e inconmensurable, ata o incontable, o abstracto, o desordenado, o non programático, o erróneo, e por suposto... o humano.

Carla achegouse a San Sadurniño cunha idea inicial agromada na procura de documentación que a levou ata un relato ambientado en Naraío escrito por Álvaro Cunqueiro no 1942. "Sempre me fascinou Cunqueiro e e cando lin "El caballero" propúxenme facer unha adaptación libre dese relato e recrear ese espazo mítico e lexendario que atopei nos arredores de Naraío. Mais que ninguén agarde por unha adaptación fiel porque permitínme moitas licencias coa obra orixinal. Tratei mais ben de transmitir unha experiencia estética, que xerase contido e pensamento. A Sibila, o cabalo branco condúcennos sobre todo á procura dunha experiencia estética e poética e se teño que sinalar algunha referencia visual podo lembrar ao cineasta filipino Gym Lumbera.O que fixen foi experimentar un pouco xa que isto é un laboratorio. De calquera xeito, a peza non se podería existir sen a colaboración de Ángela Arnosa, mais tamén, a paciencia e xenerosidade de Víctor e a súa fermosa egua "Blanca" e cómo non da veciñanza de San Sadurniño que se amosou moi agarimosa en todos os momentos da rodaxe."

"Sibila" recolle os espíritos, as almas que pululan no barroco relato de Cunqueiro e os incrusta en espazos naturais de cativa pegada humana, enxergados no mito fabuloso. Temos que "adiviñalos" camiñando entre as brumas do tempo e a fermosa gama de negros, grises e brancos que compoñen cada un dos planos deste marabilloso filme. Carla Andrade aventúrase na ficción coa mesma equipaxe coa que leva internándose noutras aventuras creativas na súa xa dilatada traxectoria a pesares da súa xuventude: "O meu traballo trata de fusionar pensamento e vida, razón e intuición, pulando polo poético como xeito de amosar a parte invisible da realidade". A procura da beleza formal que predomina no filme emparéntase por veces co prerrafaelismo, mais tamén podemos sentir nidiamente o devalar do tempo na paisaxe e o misterio inintelixible que se agocha na natureza. Carla consegue transportarnos a un mundo onírico, máxico e fabuloso, como nese plano inicial do Castelo de Naraío "aboiando" nas augas do Río Castro que converte en realidade a utópica viaxe en veleiro dende Constantinopla á Naraío da que nos fala Cunqueiro: "En un velero la trajo a Narahio y hasta que se vieron las torres doradas del castillo no la despertó" . Así pois, deixémonos levar pola experiencia estética e sensual da misteriosa Sibila e por esta hipnótica proposta fílmica de Carla Andrade que pon en valor o misterio agochado que irradia a lexendaria paisaxe de Naraío.
Carla Andrade ponlle imaxe a “El Caballero” de Cunqueiro
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Sibila"

  • Carla Andrade na Chanfainalab

  • Carla na xuntanza preparatoria con Marta Piñeiro e Beatriz del Monte

  • De turismo por San Sadurniño con Claudia Brenlla

  • Visitando a exposición fotográfica de Gabriel Tizón

  • Carla Andrade en primeiro plano

  • Na presentación do ciclo Visións, con Sabela, Lara, Claudia e Ana

  • Presentando Visións na Casa de Cultura

  • Carla coa súa cámara

  • Chega a egua "Blanca" ao Río Castro

  • Carla preparando o plano

  • Angela Arnoso, "Sibila" en Naraío

  • Carla e Angela

  • Os ollos de Carla

  • Misterio en Naraío

  • Victor no rio castro

  • Set de rodaxe en Naraio

  • Carla cavilando

  • Carla e Blanca

  • Preparando o plano coa egua "Blanca"

  • Carla en blanca

  • Os ollos de Blanca

  • Paseo entre amigas

  • Travelling "cabalar"

  • No xantar da chanfaina

  • Presentando "Sibila"

  • No hall de entrada da Casa de Cultura con Ana, Pablo, Claudia e Sabela

  • Chanfainer@s 2016

  • Foto oficial da chanfaina 2016

load

Comentarios

Cruz

2017-03-24 14:55:08

Este curto de Carla Andrade!! Foi algo que me encantou me sorprendeo moito. Traballo con moita delicadeza pa meo gusto chapo con tanta enerxia!!!! Esta Viguesa ten longa traxectoria sabe o que quere graciñas Carla Andrade parabèns chanfaineira ata outra bicos !!

Máis imaxes

Temas: animais, castelo de Naraio, Chanfaina'Lab, cinema, lendas, Naraío, naturezas, poesía, ríos, vídeos, visitantes, Ferreira

Autor/a: Carla Andrade

Vídeos:
Geometría de Ecos I
2014
Bocanoite (Nightfall)

Compartir en: