Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Sen orde nin ficción"

San Sadurniño, 2018

5ª Chanfaina Lab (3). Estrea: venres 1 de marzo do 2019.
Dirección, cámara e montaxe: Natalia Fernández
Sinopse: "Atoparse na realidade, sen ficción, quere dicir estar nun mundo sen orde. Nese mundo no que todos os momentos, aínda que unidos por un fío, poden ser anteriores ou posteriores ao momento exacto no que as persoas do teu redor dan sentido ao que existe."
Duración: 6' 02''
Gravada en varias parroquias de San Sadurniño do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab.


Natalia Fernández (Neda 2000), estudou o bacharelato de artes no IES "Concepción Arenal" de Ferrol, onde deixou probadas mostras da súa sorprendente creatividade e talento. Algunhas das pezas realizadas pódense ver no blog Natarsis. Practica numerosas actividades artísticas como a fotografía, o teatro, o debuxo e por suposto o cinema. Actualmente estuda 1º curso na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela.

Natalia non viña cunha idea clara sobre o que ía gravar na Chanfainalab. Todo o máis, percorrer o concello e rexistrar algo así como un diario filmado -ao xeito de Jonas Mekas - de todo o que fose aparecendo diante dos seus ollos: “Ao principio non sabía que ía facer. Sabía que quería gravar algo sobre as persoas, sobre os sons e sobre os diferentes espazos de todo o concello. Quería rexistrar a pegada do paso do tempo. Cando, xa en San Sadurniño, souben que ó día seguinte pola mañá ía pasar o tren, foi coma se tivese todo clarísimo. Percorrín a pé moitos lugares do concello gravando todo o que para min tiña algún significado. Limiteime a pousar a cámara, e mentres apuntaba nun caderno que sentido tiña para min cada plano, disfrutaba de todos os lugares novos que pisaba.”

"Sen orde nin ficción" colecciona instantes, momentos e sensacións pautados polos pasos nerviosos e áxiles da cineasta de Neda. Instantes tan fugaces como as miradas dos pasaxeiros dese tren que agardamos e ao fin chega. Imaxes non manipuladas, de "liña clara" que buscan disociar as paisaxes físicas das humanas para transmitir o concepto de que unha non ten sentido sen a outra. Momentos visuais ou sonoros captados como accións da vida, seguindo o ronsel do cine-ollo de Vertov - a quen Natalia admira-, na procura da propia mirada: " Para min esta curta é unha deconstrución da vida que é plasmada en momentos atravesados pola miña mirada. Tratei de dar importancia á presenza das persoas e ao baleiro que estas son capaces de deixar. Por unha parte atópase un mundo sinxelo pero en silencio, sen persoas, no que cada acción e cada son é unha marca do profundo baleiro que a xente que algunha vez estivo aí deixou tras de si. Por outra parte está o mundo humano, o mundo no que, aínda con espazos sen xente, o simple son das persoas chega a cada recuncho enchéndoo de vida. Desta forma creei a peza. Quería mostrar a importancia que teñen as persoas que nos rodean nos nosos momentos, a importancia que dan ás nosas vidas; e todo a través dunha visión pasaxeira que ven e vai por cada lugar polo que pasa e que, cada sitio que pisa, a medida que pasa o tempo, transfórmase nun momento máis a recordar".
Aos seus 19 anos, Natalia Fernández ten por diante un prometedor camiño por percorrer, que de seguro vai sorprendernos polo talento xa demostrado nos seus filmes. Desfrutade -cada un ao seu xeito-con esta peza aberta e construída dende a liberdade e a mirada propia.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón

  • "Sen orde nin ficción"

  • A cineasta Natalia Fernández

  • Natalia xunto cos cineastas da Chanfainalab

  • Natalia Fernández na presentación da Chanfainalab

  • Natalia falando de "Penélope"

  • Natalia Fernández na foto oficial da Chanfainalab

  • Natalia na "Eira de cineastas"

  • Natalia Fernández coleccionando instantes

  • Natalia Fernández na chanfainalab

  • Natalia Fernández coas suas colegas e Miguel Corral

  • Natalia Fernández e a súa cámara

  • Natalia na estrea mundial da Chanfainalab

  • Natalia Fernández presentando "Sen Orde nin ficción"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: naturezas, paseos, vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Natalia Fernández

Vídeos:
Penélope
Quen son?

Compartir en: