Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

lecer

O devalar no tempo despois do traballo: paseos, festas, romarías, xogos, deportes e actividades de lecer das xentes de San Sadurniño: bares e tabernas, cinema creador@s, deporte, eventos musicais, feiras, festas e romarías, gastronomías, músicas, naturezas, patrimonio, paseos, ríos,teatro, visitantes senlleiros,

Santa Isabel 1900

Casal, San Sadurniño, 1900

A primeira crónica extensa sobre as Festas de Santa Isabel da que temos noticia corresponde ás celebradas no ano 1900, meses despois do funeral do VI Marqués de San Sadurniño e publicada no "Correo Gallego". A crónica detalla o programa de festas, nomeadamente centradas nos festexos relixiosos e na procesión que ía dende o claustro do Mosteiro ata o pazo dos Señores celebrada dende tempo inmemorial. A procesión era o acto central das festas e nela portaban o palio da procesión relevantes persoeiros locais. Nesta ocasión foron o octoxenario colono Francisco Bastida Alvariño (1821-1905), fillo do primeiro alcalde do Concello; o ex-alcalde Vicente López Fernández; Serafín Alende, practicante e xuíz municipal; o ex-administrador e ex-secretario do Concello Antonio López Torrens; Federico de la Cruz, tenente da Garda Civil de Ferrol; Andrés López Pouso, recadador de contribucións; o mestre José López Vázquez e o novo notario García de Quevedo. Acompañou a festa a "banda de Presa" de Vicente Rebollar (Ortigueira) e os fogos artificiais do Sr Millarengo (Cruz do Pouso). Houbo "animados bailes a los que acudieron bonitas forasteras". Todos os plácemes foron para o párroco e Administrador do Marqués de San Sadurniño, Felipe Calvo. Podes descargar en documentos una crónica completa das festas de 1900
Na fotografía procesión das festas de Santa Isabel.

  • Santa Isabel 1900

  • Crónica da festa de Santa Isabel (El Correo gallego, 6-7-1900)

load

Documentos:

Festas de Santa Isabel 1900

Comentarios

Máis imaxes

Temas: festas e romarías, San Sadurniño (parroquia), lecer, igrexas parroquiais, Convento do Rosario, Santa Isabel

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: