Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

San Sadurniño en 1990

San Sadurniño, 1990

A comezos da década dos 90, San Sadurniño non saía do seu estancamento e continuaba sen acadar pulos económicos que lle permitisen saír do retroceso demográfico a pesares da instalación das empresas Intasa e "El cisne" a mediados dos oitenta. O economista Pedro Arias Veira identificaba os “pedigrís retardarios” dos Marqueses de San Sadurniño como causantes do escaso desenvolvemento económico do concello, segundo escribe no Informe "As 313 Galicias", publicado en 1990:

“San Sadurniño conta cunha dilatada tradición medieval. Foi terra de dominio dos Andrade e sede dun marquesado do mesmo nome. Ende mal en Galicia tales pedigrís din mais de obstáculos ao progreso ca de xenealoxías polo desenvolvemento. Os nosos señores feudais dificultaron o avance industrial, a modernización do agro e a expansión cultural; canto mais arraigaron,mais atraso deixaron. San Sadurniño non tivo sorte coas linaxes. Mellor lle fora ser lugar de mercaderes industriosos e perseverantes. Os seus descendentes gustarían de Mozart ao tempo que se enraizaban nas canles de comercialización da produción primaria. De ter sido así as celulosas e as papeleiras, en lugar de ter apelidos alemáns e vascos, amosarían rótulos comerciais con apelidos da toponimia sarduniñense. Iso si que sería integrar ciclos produtivos

Para o economista e sociólogo coruñés, a única saída de futuro que albiscaba no seu informe, era a especialización no sector forestal: “é crucial xogar a fondo e planificadamente a baza forestal, sen descartar a carta da modernización agropecuaria”. Podes ver en imaxes relacionadas o texto sobre San Sadurniño.

  • San Sadurniño en 1990

  • San Sadurniño 1990

  • Datos estatíticos 1990

  • Libro "As 313 Galicias"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: empresas da madeira, San Sadurniño (Concello), estatísticas

Compartir en: