Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

San Sadurniño e o Conde de Traba

San Sadurniño,, 1112

A comezos do século XII, a familia mais poderosa de Galicia era a dos Condes de Traba, unha vella estirpe da nobreza indíxena nas terras de Trasancos dende tempo inmemorial. Pedro Froilaz, Conde de Traba, foi un dos señores feudais mais influintes e relevantes da Historia de Galicia. Dende o ano 1000 foran mercando, permutando, herdando ou recibindo dos Reis doazóns e agasallos que incrementaron substancialmente o seu patrimonio ou quizais, simplemente “apoderáronse” de case todo o territorio que hoxe ocupa a provincia da Coruña. O caso foi que, arredor do ano 1.100, a selectiva familia Froilaz era xa a mais sobranceira dinastía do Reino de Galicia.
En maio do 1112 a raíña de Galicia e Castela-León, Dona Urraca, nun acto solemne en Compostela, outorgoulle a Pedro Froilaz de Traba a xurisdición total sobre San Sadurniño: "ás beiras do río Xuvia os seus coutos coas súas heredades, homes e igrexas", polos servizos prestados á monarquía, nomeadamente pola atención á educación e crianza do seu fillo, o Rei Alfonso VII. Asinan este documento as mais sobranceiras celebridades do século XII galego, entre as que cabe salientar, ademais da raíña e a familia Froilaz, o todopoderoso bispo de Compostela, Diego Xelmirez.
Nos anos seguintes, moitas terras da familia Traba-Froilaz serán doadas aos mosteiros da familia -"mosteiros nostros"-, como San Martiño de Xuvia en 1114, 1125 e 1163; outras pasarán a seren propiedade do mosteiro do Pedroso en 1120 e 1126. Con istas doazóns -aparentemente tan xenerosas- garantíase a continuidade das posesións dos Froilaz en membros da propia familia e polo tanto o manteñemento de todos os resortes do poder feudal sobre das súas terras, servos e vasalos.
O fillo de Pedro Froilaz, Fernando Pérez de Traba , promoverá unha encomenda templaria ao carón da igrexa de San Sadurniño arredor de 1150
Descarga o documento con mais información. Fotografia: Sartego de Pedro Froilaz de Traba no Panteón Real da catedral de Compostela.

  • San Sadurniño e o Conde de Traba

  • Escudo dos Traba

  • Armas dos Traba

  • Firmas da familia dos Traba

load

Documentos:

Pedro Froilaz, Conde de Traba
Breve historia do Mosteiro do Pedroso, por Enrique Cal Pardo (2011)
O que queda da igrexa románica de San Sadurniño por Margarita Sanchez

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, igrexas parroquiais, San Sadurniño (parroquia), visitantes, San Sadurniño (Concello), Señores de San Sadurniño

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: