Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

Remodelación da praza do Concello e Marqués de Figueroa

San Sadurniño, 1990

A altura de 1988, a praza do Concello e a avda Marqués de Figueroa ofrecían un aspecto lamentable. Sen urbanización ou beirarúas de ningún tipo, a praza era un aparcadoiro de coches. O lector interesado pode aprecialo por sí mesmo no minuto 4 do vídeo "San Sadurniño 1988".
No segundo mandato do alcalde Manuel José Lamas comezou o proceso de remodelación da Praza do Concello. Unha axuda da Consellería de Ordenación do Territorio de 1988 subvencionaba o 90 % do custe do proxecto, que incluía a urbanización da praza, a instalación de bancos e farolas ornamentais e a eliminación do porche de formigón da porta de acceso ao Concello. Outra axuda de Deputación de 1989 subvencionaba as beirarúas da avda de Figueroa. Foi unha das escasas ocasións nas que se acadou a unanimidade dos grupos políticos municipais nun ano moi convulso. Porén, as obras paralizáronse ao pouco tempo.
Tras da moción de censura que levou a alcaldía a Constantino Bedoya, retornou a actividade. O proxecto incluía a urbanización da Avda de Figueroa para as festas de Santa Isabel de 1990. De feito, en setembro dese ano a praza foi o esceario da proxección de "Sempre Xonxa". O novo aspecto da praza reformada e as beirarúas da Avda de Figueroa foron inauguradas oficialmente polo Conselleiro de Agricultura, José Manuel Romay Beccaría, en xaneiro de 1991. O campo da feira tamén sería remodelado durante 1991 e a praza do concello ainda recibiría algúns retoques en 1992.
Na fotografía inicio do derrubo do porche de acceso ao Concello a finais de 1988.

  • Remodelación da praza do Concello e Marqués de Figueroa

  • Inauguracion plaza concello 26.1.1991

  • coezo obras 3.5.1990

  • obras marques 17 .5.199e figueros 1

  • Anuncio das obra na praza do Concello. LVG 14.8.1988

  • Obras finais en Praza Concello. 21.10.1992

  • Obras no campo da feira 2.8.1991

  • Aspecto actual da praza do concello (2016)

load

Comentarios

Máis imaxes

Primeira imaxe
Última imaxe

Temas: San Sadurniño (Concello), patrimonios

Compartir en: