Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Relato vial"/"Tempo"

Lamas, 2019

6ª Chanfaina Lab (13). Estrea: venres 27 de marzo do 2020
Dirección: Noelia Uceira e Fabián Ameneiros
"Tempo".
Sinopse: "Tempo tenta relatar o proceso do devalar da vida humana a través de imaxes e sons"
Duración: 1' 40''


"Relato vial".
Sinopse:"Pequena peza que trata de concienciar sobre a importancia da seguridade vial, ademais de sacar un sorriso. O protagonista -un Stop da parroquia de Lamas- busca que a xente lle faga caso, sen gran éxito. Os seus amigos búrlanse del, pero ó final é capaz de conseguir o seu obxectivo."
Duración: 1' 34''
Gravados na parroquia de Lamas durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab.


Noelia Uceira (Valdoviño, 1998). Naceu en Valdoviño, mais San Sadurniño é a súa segunda casa, xa que a familia do seu pai é da parroquia de Lamas. Estudou o bacharelato de ciencias da saúde coa idea de cursar a carreira de química, pero logo de rematar 2º, decidiu optar polo audiovisual, xa que gustaba moito de usar os traballos de clase como escusa para poder gravar algo, “o que fora”. Realizou o ciclo superior de Realización na Escola de Imaxe e Son da Coruña; alí gravou varias curtas cos seus compañeiros, ademais de facer as prácticas na serie ”O Sabor das margaridas” . Actualmente estuda o segundo ano de Comunicación Audiovisual en Coruña, e no futuro, non descarta afondar no mundo da animación e dos videoxogos, aínda que tamén goza moito do traballo de script. Na súa canle de Youtube ten colgados traballos de clase.

Noelia e Fabián (veciño de Neda) participaban por vez primeira na Chanfainalab. Asistiron a todas as actividades e obradoiros, mais achegáronse a San Sadurniño sen unha idea moi definida. O proceso levounos a gravar dúas pezas en lugar dunha, facendo seu o estilo de exploración libre que preconiza a Chanfainalab: “Dende o comezo só sabíamos que queríamos facer unha peza con obxectos inanimados, mais non sabíamos cómo enfocala. Despois de darlle varias voltas, decidimos escoller un Stop, xa que démonos conta que moita xente non respecta os sinais ou semáforos de tráfico. Nese momento só nos faltaba elaborar un pouco a historia, polo que pensamos darlle personalidade ó Stop. Primeiro este ía ser un chulo, logo era moi tristón… e así ata chegar ó que é actualmente, un sinal con ganas de axudar. A partir de aquí quedábanos facer o guión, pero comeunos o tempo e decidimos crear a historia despois de gravar. E así o fixemos. Gravamos todos os planos recurso que puidemos e na montaxe rematamos o relato. No caso de "Tempo", a idea foi totalmente improvisada. Non íamos facer esta curta, pero despois de pasar pola igrexa de Lamas, chegounos á idea de súpeto e comezamos a gravar. A idea orixinal era utilizar cada hora para unha etapa diferente da vida, pero non tivemos o tempo suficiente para gravar o son das campás en cada hora, polo que omitimos esa parte. Procura reflexionar sobre a nosa propia vida e o rápido que pasa, para así poder aproveitala o máximo posible.Para conseguilo, decidimos usar imaxes que lembrasen ás diferentes etapas, e cómo se viven. Por ese motivo, os planos da infancia son máis longos que os demais. Así, a curta aos poucos vai pasando máis rápido e menos saturada, ata converterse en sepia na etapa final".

A humorística “Relato vial” e a máis conceptual “Tempo” son dúas pequenas pezas que xorden da procura realizada na fin de semana no Chanfainabab. Ambas foron construídas sobre a marcha, de xeito directo e sinxelo, case como un haiku, co obxectivo de que cada espectador/a encontre o seu propio punto de conexión: "A curtas realmente buscan chegar ao máis interno de cada un, pero tamén queríamos chegar a todo tipo de público.. Hai que velas e deixarse levar; nada mais." Esta é a primeira vez que veciñas e veciños de concellos limítrofes (Valdoviño ou Neda) asisten como cineastas á Chanfainalab. Todos os anos, cineastas locais e foráneos aportan a súa mirada persoal sobre San Sadurniño, mais case nunca puidemos contar co punto de vista de creadores dos concellos do redor. Sentímonos agasallados pola participación de Noelia e Fabián e que nas edicións vindeiras volvan a rexistrar o devalar de xentes e terras irmás.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Relato vial"/"Tempo"

  • Noelia e Fabián na 6º Chanfainalab

  • Noelia e Fabián na sesión preparatoria da 6º Chanfainalab

  • Noelia e Fabián no patio do Concello

  • Noelia na prantación do castiñeiro da 6º Chanfainalab

  • Noelia na prantación da 6º Chanfainalab

  • Noelia e Fabián no curso de montaxe de Sandra Sánchez

  • Noelia e Fabián no curso de totografía 3d de Anxo Santomil

  • Noelia e Fabián no curso de Sandra Sánchez

  • Noelia e Fabián no curso de totografía 3d

  • Noelia e Fabián no curso de Anxo Santomil

  • Noelia e Fabián na proxección de "Hamada"

  • Noelia e Fabián na foto oficial da 6º Chanfainalab

  • Noelia e Fabián na "Eira de cineastas"

  • Noelia e Fabián no xantar da 6º Chanfainalab

  • Noelia e Fabián gravando en Lamas

  • Gravación en Lamas

  • Na Casa de Cultura de San Sadurniño

  • Entre o público da premiere da 6º Chanfainalab

  • Cineastas da Noelia 6º Chanfainalab

  • Noelia Uceira na Gala da 6º Chanfainalab coa súa Lola Chanfaineira

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Lamas, vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Noelia Uceira

Compartir en: