Fálame de San Sadurniño

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

test

"Quixera"

San Sadurniño, 2015

2ª Chanfaina'Lab (14). Estrea venres, 20 de maio do 2016
Director: Fran Bermúdez
Sinopse: "Quixera é o desexo de reflectir a ilusión polo proxecto, a posta en marcha ilustrada en imaxes que resumen o proceso de elaboración da peza".
Duración: 4’ 34’’
Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 en San Sadurniño dentro do programa da Chanfainalab.


Nado en Ferrol en 1978, Francisco Bermúdez é músico esporádico, debuxante afeccionado de cómics, compositor, gravador e montador de vídeo vocacional. Fascinado por viaxar, ingresou na Armada onde chegou a cumprir o seu sono, pois –despois de 2000 días de mar- visitou 40 países e 86 cidades. Casou e foise a vivir ao lugar de A Lobeira, na Parroquia de Santa Mariña do Monte. Alí comezou a escrita dun blog persoal de referencia en San Sadurniño “Vivo na Lobeira”. Rexistrou en vídeo a vida a bordo dun barco, así como varias pezas en time-lapse do paso do buque polo canal de Panamá.

A inspiración da súa peza para Chanfaina´Lab, agromou da inquedanza persoal de Fran, tal como conta en "Pois estache boa a chanfaina": "O punto de partida era facer timelapses coas bonecas das "Lolas da Cascarilla" nos lugares mais fermosos e representativos do Concello; mais logo fun topando moitos problemas técnicos porque as bonecas eran de millo e non se prestaban para animación. Ao final funme decatando por unha morea de cousas, onde metín todo o que eu quixera contar e así saíume esta peza moi persoal, como unha amalgama de ideas e sensacións que reflicten todo o que tiña dentro de min. Para min foi unha experiencia inolvidable".

En "Quixera" asistimos ao nacemento dun cineasta con mirada propia e que sen dúbida aínda ten moitas historias que contarnos. Fran Bermúdez é un creador polifacético que está a procurar o seu camiño entre a escrita, o audiovisual, o debuxo e a música. Con esta peza está convencido de que os veciños e veciñas de San Sadurniño "coñeceranme un pouco mellor" e permitiralle medrar como cineasta. Un gran punto de partida para un creador que tenta desvelar coa súa mirada o devalar da comunidade na que se asentou por elección. A chanfainalab e a veciñanza da Lobeira tamén "quixeran" máis filmes de Fran Bermúdez.

.

"Quixera"
"Quixera"
Imprimir | Ampliar

Todas as imaxes:

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, creador@s, Santa Mariña do Monte, vídeos

Autor/a: Fran Bermúdez