Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

músicas

San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño

"Qué pasou ?"

San Sadurniño, 2019

6ª Chanfaina Lab (14). Estrea: sábado 28 de marzo do 2020.
Dirección:"The sungirls" (Graciela Galdo, Mónica Cibreiro e Olga Vigo)
Reparto por orde de aparición: Carmen Bouza, Carmen Couce, Mari Luz Tembrás, Catalina Rodríguez, Jaime Rodríguez, Joam Cortizas, Consuelo Picos, Lucita Pita, Abel Vega, Adrián,Irene Beceiro, Sabela Iñiguez, Manolo Seco, Chano, Carlos, Fran Bermúdez, Carlos Cobelo e Toni.
Sinopse:"18 veciñas e veciños de San Sadurniño repasan grandes éxitos da música galega dos últimos corenta anos".
Duración: 3' 57"
Gravada en San Sadurniño durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab


Mónica Cibreiro, Graciela Galdo e Olga Vigo son tres amigas que teñen en común a paixón pola música e o cinema. Olga e Graciela son primas e naturais de Ferrol. Ambas licenciadas en música e piano, traballan como profesoras de música e audiovisual no mesmo instituto, o IES Trasancos de Narón. Graciela especializouse en música de cámara e dirixe a Coral de Valdoviño; Olga en linguaxe musical e tamén dirixe a Coral Endesa de As Pontes. Mónica Cibreiro é veciña de Santa Mariña do Monte, traballa no Concello de San Sadurniño e tamén desenvolve o seu lado artístico con manualidades diversas e técnicas de decoracións de repostería, afección que a levou a realizar obradoiros para a veciñanza do concello en "Tempos para compartir". No verán de 2017 as tres amigas decidiron crear un grupo de creación audiovisual co obxectivo explícito de "pasar o rato e divertirnos". O grupo denomínase "The sungirls" e o seu lema, «Somos chicas buenas, a veces». O seu primeiro vídeo "El taquillazo" tivo un éxito inesperado nas redes sociais e animounas a seguir nunha aventura creativa, na que pensan continuar "ata que deixe de ser divertida". Na Chanfainalab 2017 sorprendéronos coa vitalista curta "360º en cores" e na do 2018 co videoclip coral “Non teño dono"

Nesta edición as mozas de "The sungirls" participaron no obradoiro de montaxe de Sandra Sánchez e formaron parte do reparto de "Curmáns", mentres matinaban a súa peza, e -como marca da "casa"- coa música como referente. Si o ano pasado foron capaces de mobilizar a cen mulleres no videoclip “Non teño dono", este ano apostaron por unha única localización e un atinado casting de 18 veciños e veciñas moi populares no noso concello: "Fai tres anos, por diversión, comezamos a aventura destas tres rapazas que continúan a participar no Chanfainalab coa mesma ilusión ca primeira vez e apostando tamén pola sorpresa e por crear sempre cousas moi distintas. Así xurde esta peza. Qué fan os veciños de San Sadurniño no coche das Sungirls?. Pois haberá que ver a peza para descubrilo. As Sungirls decidimos voltar ás nosas orixes , a cantar dentro dun coche, pero desta vez, sen ser as protagonistas".

"Qué pasou ?" é como todas as pezas de The Sungirls unha curta optimista e luminosa, unha celebración da vida: "En realidade todo xira arredor da música e da cultura popular, e chea de bo rollo. Hai que vela. Pretendemos que toda a veciñanza de San Sadurniño pase un rato moi divertido e que a desfruten!!".Un videoclip onde ademáis están presentes varias veciñas e veciños do concello e que tamén son chanfaineir@s. Dende a orgaización da Chanfainalab sentímonos orgullos@s de contar con cineastas tan creativas e que ano tras ano nos sorprenden coas súas pezas frescas, dinámicas e sobre todo moi divertidas. Longa vida a The Sungirls ¡¡
Fotografías de Cesar Galdo, Graciela Galdo, Mónica Cibreiro e Olga Vigo..

  • "Qué pasou ?"

  • The Sungirls na 6º Chanfainalab

  • The Sungirls na sesión preparatoria da 6º Chanfainalab

  • The Sungirls na Casa do Concello na 6º Chanfainalab

  • The Sungirls na plantación do castiñeiro da 6º Chanfainalab

  • The Sungirls na foto oficial da 6º Chanfainalab

  • The Sungirls na "Eira de cineastas" da 6º Chanfainalab

  • The Sungirls c@s cineastas da 6º Chanfainalab

  • The Sungirls no curso de montaxe de Sandra Sáchez

  • The Sungirls, figurantes de "Curmáns"

  • Joam, Catalina e Jaime

  • Tres auténticos: Fran, Cobelo e Toni

  • Adrián, Sabela e Irene

  • Maruxa, Carmiña e Mariluz

  • Equipo de rodaxe de "Qué pasou"?

  • The Sungirls no xantar da 6º Chanfainalab

  • The Sungirls na gala da estrea c@s cineasas da 6º Chanfainalab

  • The Sungirls na estrea mundial de "Qué pasou?"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, Horta de Carmiña, Horta de Consuelo, Horta de Lucita, Horta de Maruxa, música, vídeos, xente, Chanfaina'Lab

Autor/a: The Sungirls

Vídeos:
"360º en cores"
“Non teño dono"

Compartir en: