Fálame de San Sadurniño

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

test

Primeiras eleccións municipais democráticas

San Sadurniño, 1979

Tras da morte de Francisco Franco e a aprobación da Constitución, o 3 de abril de 1979 celébranse -48 anos despois- as primeiras eleccións municipais democráticas dende 1931. En San Sadurniño presentáronse dúas listas con posibilidades de entrar no goberno municipal. A primeira era a candidatura “Independiente de San Saturnino” que obterá 1.181 votos (55 %) e sete concelleiros; a outra foi a candidatura do PSOE que sacou 1.031 votos, (45 %) e seis concelleiros. 150 votos separaron as dúas propostas. Abstivéronse de ir votar o 45 % da poboación, é dicir 1.849 persoas. A revista "Pumariño" publicou un comentario, cun guiño ao futuro respecto deste proceso electoral.

Estes serían os concelleiros electos da primeira corporación democrática dende o tempo da 2ª República:
Cesar Antonio López Fernández. (Independentes). Alcalde
Eliseo Cibreiro López. (Independentes)
Eladio Fraga Redondo. (Independentes)
Abelardo Soto García. (Independentes)
Luciano Garrote Pena. (Independentes)
Manuel González Couce. (Independentes)
Francisco Bouza Ardao. (Independentes)
Manuel José Lamas Soto. (PSOE)
Rafael Pereira Hermida. (PSOE)
Miguel Sanjurjo Sixto. (PSOE)
José López Díaz. (PSOE)
Carlos Castrillón Yañez. (PSOE)
Alejandro Mera Fernández. (PSOE)

Ilustracións e información extraídas de Pumariño (abril de 1979) e do arquivo dixital do Ministerio do interior

Primeiras eleccións municipais democráticas
Primeiras eleccións municipais democráticas
Imprimir | Ampliar

Todas as imaxes:

Documentos:

Resultado oficial das eleccións municipais de 1979 en San Sadurniño
Pumariño. Marzo-abril 1979

Comentarios

Máis imaxes

Temas: estatísticas, San Sadurniño (Concello)