Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Pérgola do Pozo dos Donceis

O Casal, San Sadurniño, 1903

Á beira do Pozo dos Donceis moi preto do actual Arboreto, situábase o que se coñecía como “A pérgola” -construción que protexe áreas de paso dunha zona axardinada- onde a Marquesa Natividad Quindós e os seus selectos invitados facían as veces merendas e pic-nics nos paseos dende o Pazo a rentes do río Xuvia. Aínda hai xente en San Sadurniño que merendaba alí a mediados da década de 1950. En xullo do 2017 inaugurouse no mesmo lugar unha escultura que representa á deusa Navia.
A imaxe –facilitada por Margarita Sánchez- foi pintada por Carlos Vázquez, xornalista e pintor coruñés, segundo suxestión do seu amigo Vitucho. Manolo Rico evoca o esplendor e a destrución da Pérgola.

  • Pérgola do Pozo dos Donceis

  • Pérgola ao carón do Pozo dos donceis

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: lecer, paseos, patrimonios, Pazo da Marquesa, ríos, San Sadurniño (parroquia), pintura

Autor/a: Manolo Rico López

Compartir en: