Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Pedro de Andrade y Bermúdez de Castro, III Señor de San Sadurniño

San Sadurniño, 1548

III Señor de San Sadurniño (1548-1596)
Pedro de Andrade Bermúdez de Castro era o fillo maior de Juan Freire de Andrade.
O III Señor de San Sadurniño debeu seren un home ben peculiar e dende logo diferente dos seus predecesores no Señorío. Se o seu avó foi un cabaleiro, o seu pai un cortesán, Don Pedro foi o típico aristócrata rendista dos tempos do imperio español baixo do reinado de Felipe II.
Parece ser que era moi dado á ostentación e ao luxo, sendo coñecido en Galicia polo seu "tren de vida". Todo o contrario do que fixeron o seu pai e o seu avó, sempre axustándose o cinturón para incrementar o patrimonio familiar. En definitiva, como canta o dito "a pai aforrador, fillo gastador". Don Pedro viaxaba a Madrid con certa frecuencia á corte de Felipe II e sempre levaba dous ou tres mil ducados no peto. Tras vivir un tempo a todo gas, cando se lle remataban o cartos, mandaba ensillar o cabalo ao seu mordomo e retornaba a San Sadurniño ata que volvía a "aforrar o suficiente" - apretando nas rendas dos seus servos e vasalos- para outra viaxe á capital. Tanta rumbosa ostentación tivo un curioso premio, pois acadou o privilexio -para il e os seus sucesores- de que puideran montear -perseguir caza polos montes- por toda Galicia “sin que persona alguna le pudiese impedir ni estorbar”.
Temos novas de que á altura de 1557 aínda debía ao bispado de Mondoñedo 100.000 marabedís da compra do couto do Pedroso que fixera o seu pai. Ao que hai que engadir o gasto que supuxo para as arcas do Señorio a súa teima por traer ao Convento do Rosario á Orde Dominica en 1570; o acordo incluía o pago de 600 ducados anuais, ademais da pedra e madeira necesaria para reedificar o convento en seis anos, con claustro, paneira, refectorio, bodega e dormitorio para os monxes.
É de supoñer que con tantos gastos, endebedou gravemente o Señorío, o que se pode comprobar a partir do seu herdeiros inmediatos. De feito mantivo sonados preitos para reclamar rendas como o que sostivo con Beatriz Bermúdez de Castro pola casa de Montaos (1570) ou co mosteiro de Xuvia polas rendas de Esmelle e Cerdido. Dícese que foi o primeiro Señor que foi a auxiliar cos seus vasallos á cidade de Coruña cercada polos ingleses en maio de 1589.
Casou coa ilustre Dama do marquesado de Astorga, María Osorio e tiveron por fillos a:
1- D. Antonio Bermúdez e Lanzós, IV Señor de San Sadurniño
2- D. Diego de Andrade Osorio e Castro, V Señor de San Sadurniño
3- D. Xerónimo de Castro, deán de Mondoñedo
Na fotografía, labra heráldica de Lanzós, Andrade, Castro e Bermúdez situado no Pazo de Baltar

  • Pedro de Andrade y Bermúdez de Castro, III Señor de San Sadurniño

  • Armas dos Osorio de María Osorio, muller de Pedro de Andrade

load

Documentos:

Os señores de San Sadurniño. Fundación do morgado de San Sadurniño. Fernando Dopico Blanco

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Señores de San Sadurniño, conflitos, San Sadurniño (Concello), Convento do Rosario

Compartir en: