Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Os señores de San Sadurniño

San Sadurniño, 1515

O señorío de San Sadurniño foi creado a comezos do século XVI por Fernando de Andrade, (neto -por vía bastarda- de Nuño Freire de Andrade) e Inés de Castro e Lanzós, filla do caudillo irmandiño, Alonso de Lanzós para salvagardar os intereses da linaxe dos Andrade-Lanzós. Co fin de garantir a continuidade do Señorío, Fernando e Inés deciden crear un morgado na persoa do seu fillo Juan Freyre de Andrade. A raiña Doña Juana autorizará a creación do morgado de San Sadurniño na cidade de Burgos o 15 de xuño do 1515, creándose definitivamente en 1526.
En moi pouco tempo converteranse nunha das familias mais sobranceiras de Ferrolterra, nomeadamente cando o II Señor de San Sadurniño, Juan Freire de Andrade e Lanzós merque o Couto do Pedroso en 1544.
Podes comprobar o seu meteórico ascenso neste estudo sobre a historia e xenealoxía dos Señores e Marqueses de San Sadurniño e Baltar dende o século XVI ao XVIII realizado polo investigador Fernando Dopico Blanco e publicado en "Catedra, revista eumesa de estudos" nª 13 (2006).
Descarga o documento co artigo íntegro.Na ilustración, labra heráldica dos Andrade e Lanzós-Castro no exterior da igrexa de San Sadurniño.

  • Os señores de San Sadurniño

  • Escudo dos fundadores Andrade-Castro

load

Documentos:

Os señores de San Sadurniño. Fundación do morgado de San Sadurniño. Fernando Dopico Blanco

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, San Sadurniño (parroquia), Pazo da Marquesa, igrexas parroquiais, patrimonios, San Sadurniño (Concello), Señores de San Sadurniño

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: