Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Os muíños do río Aceiteiro

As Fervenzas, Lamas, 1700

O río Aceiteiro -afluente do Xuvia-atravesa as parroquias de Lamas e San Sadurniño. Conta con vinte muíños, algúns deles en funcionamento dende o século XVII ata a década de 1970. No catastro de Ensenada de 1752 acredítase o funcionamento de 16 muiños na parroquia de San Sadurniño e outros na parroquia de Lamas.
Inés Rojo e Otilia Couce evocan aqueles tempos encantados de muíños e fariña, mais tamén de vida, risas e sociabilidade. Hoxe é un nostálxico roteiro de grande valor paisaxístico e patrimonial que comezou a poñer en valor a dinámica Asociación Cultural "Bidueiro" na década de 1990. Na Chanfaina'lab do 2014, o cineasta vigués Víctor Hugo Seoane realizou un filme que reflicte a beleza salvaxe desta ruta de natureza. Descarga o tríptico coa ruta do río Aceiteiro, creada no ano 2008, ou escoita a canción dos Cempés sobre un trasno que anda solto polos muíños do río.

Na foto "o muíño de Cristobo"

  • Os muíños do río Aceiteiro

  • Muiño de Chinto

  • Entrada do muiño de Chinto

  • Corredoira cara ó muiño de Cristobo

  • Vía do tren, límite entre Camiño Arriba e Silvalonga

  • Pontella sobre o río Aceiteiro no muiño de Cristobo

  • Interior do muiño da Felga

  • Restos dunha represa

load

Documentos:

Ruta do río Aceiteiro

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Lamas, máquinas, muiño, naturezas, patrimonios, San Sadurniño (parroquia), tecnoloxía, traballos, tren, labregos e labregas, ríos, vídeos, roteiros

Autor/a: Inés Rojo Pena

Vídeos:
Rio Aceiteiro
Ruta polo río Aceiteiro
Á beira do Aceiteiro. Hugo Seoane (2015)

Compartir en: