Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Os Condes de Maceda en San Sadurniño

San sadurniño, 1912

Ignoramos si aconteceu algunha nova salientábel no Pazo de San Sadurniño no verán de 1912. Mais supoñemos as rutinas "aristocráticas" de anos anteriores: paseos, tenis, tertulias, lecturas, misas... e pouco mais. Arredor do 8 de xullo chegaron Natividad Quindós e o seu marido xunto coa indispensábel marquesa de Almaguer, irmá do Duque, “para pasar a temporada de verán”.
Algúns dos visitantes que pasearon pola fraga e percorreron as estancias da “señorial mansión” de San Sadurniño, serán membros moi destacados da aristocracia galega: a riquísima Lucía Ozores y Ramírez de Saavedra, Condesa de Maceda e a filla Beatriz Losada y Ozores, Vizcondesa de Fefiñanes. O seu marido era Baltasar de Losada e Torres, Conde de San Román, Conde de Maceda, Vizconde de Fefiñanes, Grande de España e senador vitalicio. Este poderoso aristócrata e político conservador visitou o pazo dos Marqueses moitos veráns ata a súa morte en 1935. A gran amizade cos Duques da Conquista quizais garde relación co agasallo de 96 perdices por parte de Alfonso XIII a comezos de 1912 ou os 12 cervos de 1904, posto que o Conde de Maceda era, ademais, Primeiro Monteiro do Rei.

  • Os Condes de Maceda en San Sadurniño

  • Paseo no xardín

  • Conde de Maceda, amigo persoal dos Marqueses

  • Outra fotografía do Conde de Maceda e San Román, Vizconde de Fefiñanes

  • O rei envía perdices para o Duque da Conquista (La correspondencia gallega, 16/1/1912)

  • Tomando o te na terraza do Pazo

  • Lectura no xardín

  • Volvendo ao Pazo

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: visitantes, San Sadurniño (Concello), Pazo da Marquesa, animais

Autor/a: Manuel González Álvarez

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: