Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Os Andrade contra o Mosteiro do Pedroso

Naraio, 1377

Ao finalizar a Guerra Civil castelá, o rei Enrique II “precisaba” de mais rendas e recursos para a exhausta tesourería real. E como acontece case sempre, aplícase unha solución ben coñecida: aplicar subas e novos impostos reais a todos os seus vasalos. O bando gañador da guerra fraticida, e dicir, a beneficiada “nova nobreza”, entre eles Fernán Pérez de Andrade, o mais sólido apoio do rei de Castela en Galicia , apréstase a servilo con dilixencia.
O “apoderado” dos Andrade en Naraio, o fidalgo e prestameiro Rodrigo Esquío, comeza a esixir novas rendas e impostos a todos os vasalos do Val de San San Sadurniño; algúns deles pertencen ao Mosteiro do Pedroso. Os habitantes do Couto do Pedroso –entre eles as parroquias de Bardaos, Monte e San Sadurniño- gozaban de inmunidade nos impostos reais por un privilexio do rei Alfonso XI en agradecemento pola participación de fidalgos e labregos do Couto do Mosteiro na batalla do Salado en 1340. Mais os esbirros de Fernán Pérez de Andrade eran insaciábeis; os veciños que negaron a pagar, foron presos e amoreados nas mazmorras do Castelo de Naraío.
O indignado prior do Mosteiro de Pedroso, Gómez Fernández, chegará coas súas protestas ante o mesmísimo rei nun escrito de 1376. Unha sentenza do xuíz Martín Eanes ditada en Santiago o 3 de febreiro de 1377, daralle a razón aos vasalos do Pedroso, polo momento o mosteiro aínda é forte e as cousas semellan voltar ao seu rego, mais só en aparencia ata uns anos mais tarde.
Descarga a sentenza contra os Andrade. Na fotografía o xabarín, símbolo dos Andrade na ponte da Ferraría en Naraío.

  • Os Andrade contra o Mosteiro do Pedroso

  • Sartego de Rodrigo Esquío en San Martín de Xuvia

load

Documentos:

Posesións do mosteiro do Pedroso no concello de San Sadurniño en 1544
Sentenza de 1377 á favor do Mosteiro do Pedroso
Breve historia do Mosteiro do Pedroso, por Enrique Cal Pardo

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castelo de Naraio, Naraío, Pedroso, conflitos

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: