Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Ocultas na paisaxe"

San Sadurniño, 2016

3ª Chanfaina Lab (17). Estrea venres 16 de xuño de 2017.
Directora: Sabela Pernas Soto
Sinopse: "Viaxe ao profundo dunha paisaxe viva, que desvela as verdadeiras (e ocultas) estruturas que sosteñen un pobo".
Edición e posprodución: Raquel Enríquez Castro
Música orixinal: Ana Seijo Cuba
Texto: Sandra Martínez Fernández
Colaboradoras: Pura González Piñón, Consuelo Picos Picos, Cruz Piñón Pereira, Carmen González Piñón, : Carmen Couce Picos, Carmen Bouza Muiño
Duración: 3' 24''
Gravada nos días 3 e 4 de setembro do 2016 en varias parroquias de San Sadurniño dentro do programa da 3ª Chanfainalab. Seleccionada no Festival "Primavera de cine". Vigo, maio 2017.


A pontesa Sabela Pernas titulouse en realización de audiovisuais e espectáculos na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, mais tamén acadou a licenciatura de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e o máster de "Film Making" na Kingston University en Londres. Dende sempre, alternou traballos no eido da industria, como editora na Televisión de Galicia ou en varias produtoras audiovisuais, coa dirección de curtametraxes documentais e experimentais coas que acadou diversos premios como os de "Xuventude Crea" de novos creadores da Xunta de Galicia en dúas ocasións (2007-2008) e seleccionadas en festivais nacionais e internacionais; algunhas das pezas poden verse na súa canle. É membro fundadora do colectivo de cineastas internacionais W.in.c films.. Actualmente compaxina o seu labor docente como profesora en ciclos formativos de Imaxe e Son coa participación en diferentes proxectos singulares como "VideodinamizArte" en colaboración coa sicóloga Ana Seijo, unha iniciativa que conxuga a creación audiovisual e a Sicoloxía.

Sabela Pernas achegouse dende o veciño concello de As Pontes para participar na Chanfainalab con este amplo bagaxe de experiencia e talento, mais cun obxectivo emocional moi meditado que marcou o punto de partida da súa peza: "Eu comecei polo principio, coa pregunta, "qué é a Chanfaina?". Ao descubrir que era un prato típico do concello, feito con vísceras, comezou a resultarme interesante a idea dos ingredientes. Órganos internos, que realizan funcións concretas e indispensábeis para o noso organismo funcione, pero que sempre están ocultas. Unín este concepto coa información acadada en "Fálame de San Sadurniño". Alí interesáronme moito as historias de mulleres, que ao igual que as vísceras, realizan funcións ocultas, imprescindíbeis e vitais para que unha casa, familia ou pobo funcione, pero que na meirande parte das veces pasan desapercibidas. Ademais proveño dunha familia onde este tipo de mulleres está moi presente, polo que o tema tamén me tinguía dende o persoal. Así que decidinme a unir os dous conceptos e facerlles unha pequena homenaxe. Tiña tamén moi claro que me gustaría que na banda sonora soara unha zanfona. Ese instrumento conéctame coa terra e coas entrañas. Teño unha moi boa amiga, Ana Seijo, que a toca, e de feito lieina para que fixera a súa primeira banda sonora. Tamén na postprodución e os efectos visuais contei coa axuda de Raquel Enríquez, e as fermosas palabras de Sandra Martínez. Todo este proceso deume pé para explorar novas cousas na postprodución, e liar a unha amiga para que me fixera os efectos visuais da árbore. Así que no meu caso, deixeime levar totalmente pola idea de laboratorio que propoñedes e experimentei cousas novas".

“Ocultas na paisaxe” ademáis dunha reivindicación da muller é unha marabillosa metáfora visual do proceso de calquera creación social ou colectiva da humanidade e tamén da propia experiencia da Chanfainalab. A través de planos detalle moi plásticos, -case cadros abstractos-, das texturas da pel de varias mulleres de San Sadurniño, constrúese a identidade e o empoderamento da comunidade mediante o agromar dunha vizosa árbore, protectora e frondosa. Mais sen "elas" nada sería posibel. É un grande final para a 3º Chanfainalab; un filme rotundo, suxerinte e poderoso da prometedora cineasta de As Pontes. Como afirma a propia Sabela: " Agardo que a xente a goce e se deixe levar. É unha peza moi plástica, agardo que suxestiva, mais cunha mensaxe clara. Por iso tamén espero que a entenda todo o mundo, a interiorice e poida deixarlle algún pouso no seu corazón". A autenticidade e o humanismo que respira a peza latexa nesa árbore viva, conformada por diversas mulleres, sensibilidades e olladas; unha arela pola diversidade que tamén procuramos no equipo da Chanfainalab; asemade sentímonos moi identificad@s coa frase que condensa o sentir do filme: "No profundo, elas coa afouteza do brando, tecen estrutura dun pobo".
Fotografías de Cesar Galdo.

  • "Ocultas na paisaxe"

  • Sabela en Sansa

  • Sabela na charla preparatoria da chanfainalab (na esquerda)

  • Na chegada á Chanfainalab

  • Sabela presentando "Eira de cineastas" con Marcos, Bieito e Lara Bacelo

  • Sabela entre Sabela, Marcos e Bieito

  • Cineastas na Eira: Marta, Angeles, Jorge, Marcos Sabela e Bieito

  • Sabela e Ana Seijo

  • Sabela e Ana Seijo no obradoiro audiovisual da Chanfainalab

  • Sabela e Ana Seijo explicándose moi ben

  • Sabela e a vaca da foto oficial

  • Sabela na foto oficial da 3ª chanfainalab

  • Sabela cavilando no seu filme

  • Sabela e a súa cámara

  • Sabela e Cruz Piñón

  • Gravando "Ocultas na paisaxe"

  • A pel de Cruz

  • Texturas de "Ocultas na paisaxe" 1

  • Texturas de "Ocultas na paisaxe" 2

  • Texturas de "Ocultas na paisaxe" 3

  • Sabela na estrea mundial de "Ocultas na paisaxe"

  • Sebas, Bieito, Abel e Sabela na premiere mundial da 3ª chanfainalab

  • Sabela e Ana Seijo coas súas actrices

  • Sabela no fotcall d@s cineastas

  • Sabela e Ana Seijo coas mulleres de Lamas

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, labregos e labregas, muller, visitantes, vídeos

Autor/a: Sabela Pernas Soto

Vídeos:
"Take your time"
"Ciclo combinado"

Compartir en: