Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

traballos e días

O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos

O traballo de Ladra no Pazo da Marquesa

San Sadurniño, 1962

O traballo de Ladra no Pazo da Marquesa

Comentarios

Vitucho

2013-10-07 11:53:02

Cantas lembranzas dos anos mozos trae esta foto!. Recordo a Ladra como un home traballador, honesto e leal. Na época das monxas, unha das labores as que axudabamos era a recolleita das patacas. Normalmente plantabanas fronte á Granxa, á outra beira do río, pasando pola Ponte Branca. Lembro que Ladra, a pesares dos seus anos, era o máis activo apañándoas e levando os caldeiros aos cestos ou ao carro.

fer

2013-12-10 15:57:25

Los abuelos, que tanto nos marcan!. Qué pena que mi abuelo -"el gallego", como le decían-, ya no esté con nos. Estoy segura de que le hubiera encantado San Sadurniño.

pedro seoane ladra

2016-12-19 14:53:10

eu son o bisneto de Ladra, na miña casa el e miña bisavoa bibiana sempre estiveron presentes nas lembranzas da miña avoa Marina e da miña nai Pura, para min foi a imaxe do verdadeiro avó materno que nunca tiven e iso que non coñecín pero elas turraban por que nos se nos fose da memoria, grazas a vitucho polas súas verbas, é unha honra que lembren á familia como xente honesta, leal e traballadora.

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), animais, xente, traballos

Autor/a: Pura Ladra Leiras

Fotógrafo/a: Foto Arjo

Compartir en: