Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

O primeiro escrito en galego de San Sadurniño

Santa Mariña do Monte, 1257

Estamos diante do primeiro texto escrito en galego en San Sadurniño do que se ten noticia polo de agora. Trátase dun documento de doazóns de terras na parroquia de Santa Mariña do Monte. Foi redactado polo prior do mosteiro do Pedroso, Domingo Pérez, o 5 de setembro do 1257. O escrito proba que o galego era a lingua de uso común nas terras de Trasancos. Os documentos anteriores foran escritos en latín. Por exemplo neste texto, os participantes e asinantes que "permutan propiedades" son clérigos ou pequenos cabaleiros de “berce nobre”: Os Mandiá, Eanes ou Lago, actuando como testemuña, Fernán Pérez. Nuns poucos anos converteranse nos nobres mais sobranceiros de Trasancos.
Por outra banda, o texto reflicte o comezo dunha enrarecida situación de inxustiza social que agromará durante os convulsos séculos XIV e XV, na medida que esmoreza a vella estirpe dinástica dos Traba-Froilaz, -señores de Trasancos-, coa morte en 1261 sen descendencia do derradeiro gran señor de Trasancos e Traba, Rodrigo Gómez.
Unha nobreza cobizosa, adventicia e oportunista vaise a apoderar paseniñamente das terras e labregos dos Coutos do Pedroso e Xuvia mediante o sistema da "encomenda" ou “aforamento perpetuo”: un grupo de pequenos fidalgos e nobres “de segunda” aforan as terras dos mosteiros por cantidades ou rendas simbólicas, a cambio de protección, aos priores "comendatarios" – que pertencen ás mesmas familias aforadoras- . A súa vez, os nobres "encomendeiros" controlarán as rendas e as vidas dos labregos, que eran os que verdadeiramente deixábanse o lombo sachando na terra para a nobreza e a igrexa. Foi así agromando o poder económico e social de novas “familias de alcume” vencelladas a unha base territorial sólida e indivisible que conformarán as futuras linaxes de Ferrolterra: Os Esquío, Mandiá, Lago, Filgueira, Freire de Andrade, Piñeiro, Lanzós... etc. Esta sorte de nepotismo practicado polos priores levará á ruína económica aos mosteiros do Pedroso e Xuvia a medio prazo.
Podes descargar e ler o texto completo mais abaixo. Documentado no libro de Enrique Cal Pardo: “El monasterio de San Salvador de Pedroso”. Ed Deputación de Coruña, 1984.

  • O primeiro escrito en galego de San Sadurniño

  • Documento en galego de Santa Mariña do Monte (1256)

load

Documentos:

O primeiro escrito en galego de San Sadurniño (1257)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Santa Mariña do Monte, Pedroso, patrimonios

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: