Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

tecnoloxías

Aos poucos, as tecnoloxías do mundo contemporáneo foron enxergándose no universo agrario de San Sadurniño. cine, coches, electricidade, máquinas, internet, tren

O primeiro cinema: "Salón Tampico"

Marqués de Figueroa, San Sadurniño, 1932

Aínda que o cinema debeu chegar a San Sadurniño en proxeccións esporádicas anos antes, como por exemplo en Igrexafeita no 1917, o seis de novembro de 1932 abría as súas portas na Avda Marqués de Figueroa, o "Salón Tampico" coa proxección da película "El Rey de la pista" (James P. Hogan, 1926), un melodrama mudo ambientado no mundo dos cabalos.
O Salón era unha iniciativa do industrial Perfecto Calvo Fernández (alcalde de 1945 a 1949) e o seu sobriño Avelino López Loureiro que tiña irmáns emigrados en México. Posiblemente sexa o motivo do nome do cinema, a cidade mexicana de Tampico.
No ostentoso xantar inaugural tomaron parte os máis relevantes persoeiros de San Sadurniño: o alcalde repúblicano, Vicente Castro Naveiras, o mestre Arsenio Barreiro Sardina, o médico Fentanes, Juan Rilo, secretario municipal, o farmacéutico González de Lema, o ex-alcalde Juan Fernández Pita, o tamén industrial Faustino Loureiro e numerosos notabeis locais, entre os que figuraban tamén os alcaldes de Moeche, Somozas e Coirós. O acto rematu entre Vivas á República e a San Sadurniño.
Os programas cinematográficos seguirán en 1933 e 1934. Moitos veciños e veciñas de San Sadurniño veron unha película por vez primeira neste local que corría como o "cine do Perfecto".
Na fotografía, edificio que albergou o "Salón Tampico".

  • O primeiro cinema: "Salón Tampico"

  • Instancia de permiso para proxección o 2 de decembro de 1934

  • Informe de Vicente Castro Naveiras sobre a existencia dun cine en 1933

  • "El rey de la pista", primeiro filme proxectado no "Salón Tampico" de San Sadurniño

load

Documentos:

Inauguración do Salón Tampico (Voz de Galicia, 9/11/1932)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cinema, San Sadurniño (parroquia), tecnoloxía, emigración

Compartir en: