Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

O Pazo dos Marqueses de San Sadurniño en 1910

San Sadurniño, 1910

Á altura de 1910, o pazo lucía en todo o seu esplendor. Comezara a súa remodelación en 1882 impulsada polo vello VI Marqués de San Sadurniño, mais será a súa filla Natividad Quindós quen lle dará o seu aspecto actual a comezos do século XX. Incluía ademais de fermosos xardíns con eucaliptos, paseos a carón do Xuvia coa súa pérgola, embarcadeiro, unha capela, hospital, unha fonte pública, a granxa, o invernadoiro, un pombal, unha cancha de tenis, ademais da inmensa fraga para actividades cinexéticas e lecer dos seus selectos invitados, incluídos os Reis de España e membros da familia real. O pazo dispuña de luz eléctrica propia cunha instalación deseñada polo enxeñeiro xuizo Mathias Wirz.
O interior do Pazo tamén lucía con mobiliario luxoso, biblioteca e cadros de gran formato pintados por Asterio Mañanós.
Á morte da marquesa en 1953 , o Pazo transformouse nun Colexio-residencia das "Hijas de Cristo Rey" ata o ano 2010, que pasou a mans do Concello. Dende xuño do 2014 é a Casa do Concello de San Sadurniño.
En Documentos pódese descargar e ler unha completa reportaxe sobre o pazo dos Marqueses de San Sadurniño escrita por Joaquín Arias Miranda, "el hidalgo de Tabasco" e publicada na revista Vida gallega nº 34 (1911) con imaxes do fotógrafo ferrolán Pascual Rey. Podes ver varias fotografías das instalacións do pazo pertencentes ao Arquivo municipal de San Sadurniño. O artista visual Anxo Santomil recreou o tempo de esplendor da Marquesa en "A Marquesa e o Pazo", realizada na 6º chanfainalab.
Todas as historias sobre o Pazo da Marquesa.

  • O Pazo dos Marqueses de San Sadurniño en 1910

  • Exterior pazo da Marquesa

  • Xardíns dende o pazo (Arquivo do Concello San Sadurniño)

  • Pazo dende o xardín. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Salón. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Lendo o xornal. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Na terraza. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Marquesa regando. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • No patio do pazo. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • No salón. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Xantar no patio. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • No xardín. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Exterior pazo. (Arquivo do Concello de San Sadurniño)

  • Pintura do pazo da marquesa

  • A marquesa no seu salón de lectura (Arquivo municipal de San Sadurniño)

  • María Natividad Quindós y Villarroel, Marquesa de San Sadurniño

  • Vista posterior do pazo Foto falada por Manolo Rico

  • Tarde de calceta

  • O pazo como sede do Concello (2014)

  • Pérgola no recuncho do río Xuvia

load

Documentos:

O pazo dos duques da conquista
Breve historia do marquesado de San Sadurniño

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, patrimonios, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Manuel González Álvarez

Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño

Compartir en: