Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"O ollo cobizoso"

San Sadurniño, 2016

3ª Chanfaina Lab (3). Estrea venres 3 de marzo do 2017.
Directoras: Lara e Noa Castro
Sinopse: "“O ollo cobizoso” é unha proposta experimental que nun principio pretendía ser unha ollada encaprichada do potencial estético do natural e do cotiá, pero que acabou converténdose nunha reflexión visual e auditiva, sobre a paisaxe, a urbanización, a tranquilidade e outros aspectos da vida que tratamos de revirar e reinterpretar, deformando o que vemos para amosar outras cousas ou quizais as mesmas, pero que aparecen cambiadas de forma incómoda e incluso abafante, co obxectivo cobizoso de que algún que outro ollo bote fume."
Duración: 7' 44''
Inspirada por un verso do poema "Oda al valle de San Sadurniño" de Darío García Taboada.
Gravada nos días 3 e 4 de setembro do 2016 en varias parroquias de San Sadurniño dentro do programa da 3ª Chanfainalab. Seleccionada no Festival s8 (2017), na sección Sinais. No mesmo evento participaron como actrices na peza "Tres videohistorietas"" de Carla Brenlla.



As irmás ferrolás Lara e Noa Castro son cineastas moi novas, -18 anos recén cumpridos- mais cunha dilatada traxectoria creadora que comezou con premios literarios cando tiñan nove anos de idade e agromou en diferentes disciplinas artísticas ao longo dos últimos dez anos. O inmenso talento das dúas irmás acadou premios e recoñecementos en numerosos certames literarios, de artes plásticas e tamén audiovisuais. A súa madurez fica patente en pezas producidas mentres estudaban o Bacharelato e relacionadas coa Historia de España como "Escravo", "Belle époque ?" ou "Fernando VII" entre outras. O último premio foi no pasado decembro de 2016 no concurso de "Prevención de condutas aditivas" do Concello de Pontevedra coa curta "Non queiras". Estudantes no primeiro curso de Belas Artes en Pontevedra, a súa mirada, sempre orixinal e innovadora, asombra a quen as coñece, non só polo seu talento, senón tamén pola súa humildade e calidade humana

Lara e Noa achegáronse a San Sadurniño sen una idea preconcibida, mais sí coa intención de darlle unha volta á mirada sobre a paisaxe e o respecto pola natureza: "Para cociñar a nosa peza tomamos o noso tempo, porque queríamos explorar San Sadurniño antes de tentar falar sobre el. Así que durante dous días levantámonos co sol e camiñamos con calma, fixándonos na paisaxe, na xente, nos camiños, percorrendo sendeiros perdidos dende Narahío ata Bardaos, e observando, sobre todo observando. Porque a nosa peza ao fin e ao cabo foi un proceso de observación, unha mirada estrana, un ollo pechado, unha árbore que cantaba, un cabalo que botaba fume, un silencio que falaba... E todo iso tratamos de traducilo coa linguaxe torta dun obxectivo fotográfico. No filme prantexamos esa estreitez e limitación no encadre que, nesta ocasión, sesga a realidade de xeito que un tan só pode intuír esa beleza. Usamos unha asociación insólita de son e imaxe para potenciar esta idea que ao mellor resulta un tanto incómoda. En definitiva, que marchamos de San Sadurniño con ganas de falar del, cunha chea de retallos da paisaxe e xogos visuais tan só apreciábeis para ollos cobizosos".

"O ollo cobizoso" é unha proposta experimental e radical que esixe a complicidade do espectador. As cineastas optan por transgredir as normas sagradas da linguaxe audiovisual coa adopción do encadre vertical ou xogar e modificar o punto de vista "natural" do rexistro da cámara e os límites do plano. A cinta obriga a "remirar" a paisaxe con outros ollos, provocando o estrañamento na mirada, o que a converte nunha peza única, provocadora e case subversiva, que non deixa a ninguén indiferente pola súa orixinalidade, intencionalidade e vontade de ruptura. O consello que nos dan as cineastas é que @s espectador@s tomen a curta coma un experimento e se deixen levar: "Agudizade as orellas e mirade con elas tanto coma cos ollos, para descubrir qué vos di o que vedes ou escoitades". Noa e Lara -artistas "totais" e de inmenso futuro- de seguro han de alegrarnos moitas veces no devalar do cinema e a cultura galega nos anos vindeiros.
Fotografías de Cesar Galdo.
Desafío vertical para ollos cobizosos, por Noa e Lara Castro

  • "O ollo cobizoso"

  • Noa e Lara Castro

  • Lara e Noa na recepción @s chafaineir@s

  • A chegada á Casa de Cultura

  • Na charla preparatoria no Cemit de San Sadurniño

  • De turismo por San Sadurniño

  • Nos xardíns do Pazo da marquesa

  • Lara e Noa no Concello de San Sadurniño

  • Noa na expo de fotografías de Gabriel Tizón

  • Noa e Lara na presentación da "Eira de cineastas"

  • Beiro, Lara Bacelo, Noa, Lara e Sebas na presentación da Eira de cineastas

  • Noa, Lara, Sebas e Eloi D. Seren na presentación da Eira de cineastas

  • Lara e Noa, actrices de "TuruLele" de Claudia Brenlla

  • Noa coa cámara

  • "O ollo cobizoso" no Mosteiro do Rosario

  • Lara Castro

  • Noa Castro

  • Noa e Lara no coche de Cesar Galdo

  • Lara Castro na procura do sol de San Sadurniño

  • Os ollos de Lara no solpor

  • Lara no mosteiro de San Sadurniño

  • "O ollo cobizoso" do solpor

  • Nara e Noa no xantar da Chanfaina con Sebas e Marcos Lourido

  • A cámara e os ollos de Lara Castro

  • Lara e Noa Castro no fotocall da Chanfaina

  • Lara e Noa presentando "O ollo cobizoso"

  • Noa e Lara na estrea mundial da Chafainalab

  • Lara e Noa na foto oficial da 3º Chanfainalabl

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cinema, Chanfaina'Lab, naturezas, poesía, vídeos, visitantes

Autor/a: Lara e Noa Castro Lema

Vídeos:
"Non queiras"
"Escravo"
"Belle epoque ?"
"Fernando VII"

Compartir en: