Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

O meu home, Germán Castro

Campo da Feira, San Sadurniño, 1965

Germán Castro Díaz, nacido en 1921 foi un home moi popular e querido pola veciñanza de San Sadurniño. Comezou traballando no serradoiro de Emiliano Calvo e despois na xastrería de Sanjurjo; tamén foi o acomodador do cinema Avenida e revisor dos coches de liña "El Oriente". Finalmente asentou cun negocio propio na popular casa de comidas Casa Germán e o servizo dun taxi. Casou en 1953 con Otilia Couce quen aos seus 88 anos, lémbranos a vida do seu amado marido, falecido no 2010 aos 89 anos de idade.
Na fotografía Germán Castro á esquerda, diante do autobús da empresa "El Oriente".

  • O meu home, Germán Castro

  • German, Acción de Cornide e o fillo de Acción (Lugo 23-7-1978)

  • Germán diante do local "Casa Germán"

  • Germán na mili

  • Germán no autobús de liña

  • Pase do autobús

  • Germán no Campo da Feira

  • Germán Castro

  • Germán, José Manuel, Pablo e Manolo

  • Casa Germán nas festas de Santa Isabel, 2 de xullo 1981

  • O bar e tenda Casa Germán

  • Otilia no 2015 (con 88 anos)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: coches, familias, San Sadurniño (parroquia), xente

Autor/a: Otilia Couce Villar

Compartir en: