Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

O Marqués de Figueroa en San Sadurniño

San sadurniño, 1906

O aristócrata Juan Bautista Armada y Losada, Marqués de Figueroa (1981-1932), foi o político do Partido Conservador que “representou” dende 1891, os intereses de San Sadurniño durante vinte anos ata 1910. Será substituido en 1912 polo tamén conservador Julio Wais. En termos actuais sería algo así como a quintaesencia do cacique todopoderoso que controla todos os resortes do poder do seu distrito electoral: os concellos de Pontedeume, Castro, Monfero, A Capela, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda e San Sadurniño. Nesta altura leva 9 vitorias consecutivas, oito delas co 100% dos votos. Lembremos que na “seudodemocracia” deste tempo eran os gobernadores civís e os alcaldes, nomeados polo partido no Goberno, os encargados de coordinar as redes caciquís que parasitaban os tres poderes estatais, para que os candidatos pactados polos dous partidos que monopolizaban o poder, saíran vencedores en todas e cada unha das mesas de todos e cada un dos distritos electorais. O moi conservador e maurista e Juan Bautista Armada era sempre o seguro vencedor en todas as eleccións polo seu distrito "propio” no que estaba San Sadurniño. O lector interesado pode descargar aquí unha atinada descrición do sistema electoral que sustentaba o bipartidismo monárquico e a poderosa influencia do Marqués de Figueroa nun documentado artigo de Xavier Briset.
De feito a corporación, presidida polo seu "cliente" e amigo, o alcalde Ángel García Fernández decretou en sesión municipal de 16 de xullo de 1906 que a carretera que se chamaba "Camino de la Iglesia" se denomine "Avenida del Marqués de Figueroa", pola súa colaboración nos intereses do concello.
O día 24 de setembro de 1906, como todos os anos, -nesta ocasión a bordo do elegante automóbil do “opulento fabricante Francisco Barcón”-, o Marqués de Figueroa xira polos seus “feudos” electorais para recibir multitudinarios homenaxes dos votantes do “seu” distrito de Pontedeume e inaugurar a "súa" rúa en San Sadurniño. Dende que Natividad Quindós, a Marquesa, puxo de moda o seu pazo en 1902, non hai verán que non realice unha parada no palacio dos Duques da Conquista, onde recibe aos seus partidarios mais fieis. Nesta ocasión tamén irá a casa do “hacendado e industrial señor Luis Loureiro Pita, presidente de La Sociedad de Agricultores”. Cinco días despois, os marqueses de San Sadurniño organizan unha homenaxe privada ao cacique coruñés cun almorzo na Fraga da marquesa, acompañados polo Conde de San Román e os xenerais Leopoldo Boado e Morgano, amenizado polos acordes da rondalla “Airiños d'a miña terra" de Ferrol. Sen embargo andan os ánimos un tanto revoltos entre os labregos -que comezan a espertar- e un par de anos despois agromará a Asociación agraria “La Moralizadora”, de profundo carácter anticaciquil. Porén, a xira anual polos pobos do "seu"distrito segue a facerse do mesmo xeito, como podemos apreciar na visita de abril de 1910.
Na ilustración, o Marqués de Figueroa en 1904.

  • O Marqués de Figueroa en San Sadurniño

  • Homenaxe dos Duques ao Marqués de Figueroa na Fraga. (Norte de Galicia, 26.9.1906)

  • O Marques de Figueroa en San Sadurniño en 1906 (Gaceta de Galicia, 26.4.1910)

load

Documentos:

Os solidarios ante o invicto Marqués. Xavier Brisset. Revista Cátedra, 17 (2010)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: música, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: