Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"O Libro"

Outeiro, San Sadurniño, 2016

3ª Chanfaina Lab (2). Estrea venres 24 de febreiro do 2017.
Directores: Bieito Beceiro e Sebastián Rodríguez
Música: Sebastián Rodríguez
Sinopse: :"O director dunha coñecida empresa envía a un dos seus empregados de confianza a unha casa abandonada e arrepiante, coa escusa de ir á procura dun obxecto do pasado... Mais, pode que as intencións do xefe non sexan tan claras..."
Duración: 5' 52''
Gravada nos días 3 e 4 de setembro do 2016 no lugar de Outeiro dentro do programa da Chanfainalab.


Bieito e Sebas son dous mozos de 18 anos e afeccionados ao cinema que participan na Chanfainalab como cineastas locais. Bieito Beceiro é natural da parroquia de Bardaos. Estuda o primeiro curso na Facultade de Informática en Coruña e xa ten amosado o seu bo facer en diversos vídeos relacionados coa historia local que se poden ver en"Fálame de San Sadurniño" como "Celtas en Bardaos?", "Toma de posesión de Bernardino de Andrade" ou "Bardaos 1752"; Sebastián Rodríguez vive na parroquia de Lamas, estuda 2º de Bac no IES Concepción Arenal, tendo xa moi decidido o seu futuro, orientado cara a creación musical para o audiovisual. De feito, a música de "O libro" foi composta por Sebas.

Bieito e Sebas debutan nesta edición da Chanfaina apostando pola ficción narrativa: "Como somos novos nesto, non sabíamos moi ben qué facer, o único que tiñamos claro é que queríamos facer algo diferente, vimos os filmes das anteriores edicións e apostamos polo xénero de suspense e o terror. Andabamos na procura dunha casa abandonada e Sabela ensinounos un vello caserón que nos gustou como escenario. Alí topamos algunhas cousas vellas como unha radio e sobre todo un libro, ao que convertemos no punto de partida do noso relato. O libro é o motivo perturbador que utilizamos para que se desenvolva a historia e trama do personaxe principal, só nun decorado devastado, posiblemente habitado por entes descoñecidos e maléficos. Logo fomos gravando planos- algúns similares aos da película "Rec" que nos mola moito aos dous- e xogamos un pouco coas posibilidades que nos ofrecía a localización para tentar crear un filme de terror".

Dentro das pezas filmadas para a Chanfainalab, abundan os documentais e as miradas de autor. "O libro" é un intento de narrar ficción de xénero dende o punto de vista dos novos cineastas cunha historia moi axeitada para eses días de Entroido. No día da estrea gustoulle especialmente aos espectadores máis novos. Bieito e Sebas xogan cos recursos expresivos do xénero de terror sen prexuízos: a cámara subxectiva, escenografía aterradora e macabra, iluminación e atmosfera expresionista, a ocultación de información e a sorpresa-susto. Os cineastas locais saen airosos do envite, manexando con habilidade os códigos do xénero a pesares da súa xuventude e xa agardamos con impaciencia que volvan con novas propostas nas sucesivas edicións da Chanfainalab.
Na fotografía de Cesar Galdo, Sebas e Bieito na localización de "O libro"
Sebas e Bieito métennos o medo no corpo

  • "O Libro"

  • Sebas e Bieito

  • Sebas e Bieito na charla preparatoria da Chanfainalab

  • Sebas, Bieito e Noa Castro na exposición de Gabriel Tizón

  • Bieito e Sebas "de turistas" por San sadurniño

  • Sebas e Bieito, Sabela e Carmen

  • Claudia Brenlla e Carla Andrade, "protexidas" por Bieito e Sebas

  • No xantar da Chanfaina en Bardaos

  • Na presentación de "Eira de cineastas", Lara, Noa, Sebas e Eloi D.Serén

  • "O libro". Persoaxe

  • O punto de Partida de "O libro"

  • Na estrea da Chanfainalab con Abel Vega e Sabela Pernas

  • Na proxección dos filmes da "Eira de cineastas"

  • Presentando "O libro" na Chanfainalab

  • Na estrea da Chanfainalab na Casa de Cultura

  • Marcos Lourido, Sabela Pernas, Bieito e Lara Bacelo

  • Fotocall da estrea mundial da Chanfaina

  • Fotografía oficial da 3º Chanfainalab

  • Bieito á cámara

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, creador@s, San Sadurniño (parroquia), vídeos

Autor/a: Bieito Beceiro Fernández

Vídeos:
Celtas en Bardaos?
Toma de posesión de Bernardino de Andrade
Bardaos 1752
O ano funesto do Marqués

Compartir en: