Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

Teño unha horta


TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais. Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa

O experimento dos boniatos 2: a colleita

San Sadurniño, 2017

Cruz, Consuelo, Maruxa, Lucita e Carmiña puxeron en marcha unha nova aventura nas hortas de San Sadurniño, sementar boniatos, que podes ver nun vídeo anterior: https://www.youtube.com/watch?v=FbXrs...
Nun concello onde está prohibido plantar patacas pola praga da couza guatemalteca, estas mulleres pretenden innovar nos seus cultivos e buscar alternativas á pataca.
Neste vídeo podes ver o resultado do experimento e comprobar cómo foi a colleita nas 5 hortas.

O experimento dos boniatos 2: a colleita

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Ferreira, gastronomías, Horta de Carmiña, Horta de Consuelo, Horta de Cruz, Horta de Lucita, Horta de Maruxa, Igrexafeita, Internet, labregos e labregas, Lamas, muller, Naraío, tecnoloxía, traballos, vídeos

Autor/a: Consuelo Picos Picos

Compartir en: