Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

O documento de Tructino

San Sadurniño, 868

As primeiras referenzas escritas que nos "falan" de San Sadurniño ou Naraío aparecen no denominado Documento de Tructino, redactado por "Dominus Tructinus” baixo mandato do rei asturiano Alfonso III no ano 868, onde se delimitan as igrexas e propiedades do Bispado de Iria Flavia (actual Compostela). No documento infórmase da existencia de “Santum Saturninum iuxta fluvium Iubia”, é dicir; “San Sadurniño ao carón do río Xuvia”. Probablemente fose unha igrexa moi antiga, situada no actual convento do Rosario. Tamén nos fala da igrexa de San Pedro "iuxta fluvium Naraio”, posiblemente no emprazamento actual de Santa María de Naraío.
Descarga o documento coa historia completa. Ilustración: Alfonso III, o Magno

O documento de Tructino

Documentos:

Tructino en San Sadurniño

Comentarios

KB

2015-12-11 11:54:57

Ola, a Era 868 corresponde ao ano 830.

Máis imaxes

Temas: igrexas parroquiais, San Sadurniño (Concello), visitantes, San Sadurniño (parroquia), Naraío

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: