Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

O derradeiro monxe do mosteiro

San Sadurniño, 1844

O día 10 de abril de 1844 falecía aos 58 anos, o derradeiro monxe do Convento do Rosario, Tomás Sieyra. Fora exclaustrado en 1835, mais permaneceu no Mosteiro como párroco de Santa María de Sadurniño, sempre velando polos intereses do histórico edificio fundado en 1508. Aínda que o destino do mosteiro era a "demolición y venta de piedra", sen embargo conseguiu manterse intacto pola teima de Tomás Sueyra nos varios intentos de venta durante os períodos de Desamortización. Á súa morte podemos afirmar que o edificio estaba salvagardado para a posteridade. Foi substituído por Andrés Couto, que tamén terá que defender ó mosteiro ante a ameaza de venta en 1848 e que contará co informe favorabe do alcalde daquela Juan Pillo.
Na imaxe, lauda sepulcral de Tomás Sueyra no claustro do mosteiro do Rosario.

O derradeiro monxe do mosteiro

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, igrexas parroquiais, San Sadurniño (parroquia), xente

Compartir en: