Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

O castro de Riboira

Riboira, Lamas, 1

O castro de Riboira de Lamas, -“terra ás beiras dun territorio pantanoso”-, forma parte dun complexo sistema defensivo da Idade do ferro, composto por cinco castros que protexen e controlan o territorio do Val do Xuvia dende unha altura similar. Tres deles están situados nas ladeiras do Monte Rapadoiro: San Sadurniño, Riboira e Redo, franqueados no suroeste polo Castro Rupiallo, e no sureste polo Castro das Croas de Ramil. Ao norte conta co apoio defensivo dos castros de Bardaos, Escoitadoira e Castrelo xa en Santa Mariña do Monte.
Polo seu emprazamento o Castro de Riboira debeu acadar unha relevante importancia económica, xa que disporía dun gran antecastro ao sur, adicado por enteiro á gandería (topónimo Currás) . Quizais fose un espazo especializado nos cabalos, ovellas, vacas e outros animais. Segundo contan algúns veciños, no recinto de Riboira topáronse dende espadas e numerosos fragmentos de cerámica ata fíbulas, restos de metal e algún muíño de man. Ademais consérvanse algunhas lendas sobre o recinto, a pesares do seu abandono nos últimos anos. Podes baixar mais información, esquema e mapa en documentos.
Na fotografía, castro de Riboira dende O Carballo

  • O castro de Riboira

  • Castro de Riboira dende a entrada ao castro de San Sadurniño

  • Proximidade dos castros de San sadurniño e Riboira. Foto aérea 1956

  • Castro de San Sadurniño dende Riboira

  • Fotografía aérea do castro do Riboira no 1956

  • Croa do castro de Riboira

  • Restos de muros no castro de Riboira

  • Mais muros no castro de Riboira

  • Pedra ao carón do castro de Riboira

  • Val de San Sadurniño dende Currás

  • Destrucción do castro de Riboira segundo o Pumariño (setembro de 1977)

load

Documentos:

"El castro de San Saturnino".Federico Maciñeira. Almanaque de Ferrol.1906
"Datos para a historia do castro de Riboira"

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castros, gandeiría, Lamas, patrimonios, lendas

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: