Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Negra sombra"

San Sadurniño, 2016

3ª Chanfaina Lab (16). Estrea venres 2 de xuño de 2017.
Director: Pablo Millán
Sinopse: "O devir ameazante representado pola sombra dun gato negro que vai arrasando con todo. "
Produción: Ana Lombao
Música: Pablo Millán
Duración: 3' 20''
Gravada nos días 3 e 4 de setembro do 2016 en varias parroquias de San Sadurniño dentro do programa da 3ª Chanfainalab.



O compostelán Pablo Millán rematou os estudos musicais no Conservatorio ao mesmo tempo que finalizaba a carreira de Belas Artes. Pablo ven sendo un representante do que podería denominarse "creador total", xa que é o responsable do guión, dirección artística, fotografía, montaxe e a música dos filmes que realiza, sempre cun gran éxito por festivais tanto en España como a nivel internacional: dende o "O conxuro" (2006) , a experimental "Longo sendeiro de pedra" (2007) e a marabillosa peza de animación "A meiga chuchona" (2007). En 2010 rematou a súa segunda curtametraxe de animación "Fatum!", no 2012 "O almorzo" e no 2013 dirixiu o seu último traballo ata o momento, "Kitty Genovese". Actualmente está a realizar pequenas pezas audiovisuais artísticas sobre o ser humano e as súas preocupacións diarias.

Pablo é un cineasta experimental,-mais moi racional-, e achegouse San Sadurniño ben documentado e cunha idea concreta no seu desbordante maxín: "Fiquei sorprendido pola arquitectura do territorio, transmitiume a sensación de viaxar por un decorado desvinculado do presente. En principio quería que a idea se centrara nas fames que aconteceron en San Sadurniño do século XIX . De feito, Rosalía de Castro escribiu o poema "Negra Sombra" inspirándose nestas tráxicas penurias que asolaron Galicia enteira e por iso pareceume o título perfecto para definir o concepto que tiña na cabeza. Ao final eliminei a parte anecdótica e centreime no medo en sí, abstraendo as ideas e potenciando ao "propio medo" como protagonista, máis que o acontecemento puntual que o desencadea. Todos en diferente medida temos medo ó devir, forma parte do instinto humano. O filme vai por ise camiño: a sombra do gato negro simboliza ese temor e ten efectos devastadores sobre o que nos rodea. Pretendo que o espectador perciba esta axitación, suliñada pola presencia da morte ameazante e a soidade humana: todos están mais non se ven, agochados, temerosos.. Tamén percibín certa soidade en San Sadurniño e por iso pareceume o esceario perfecto para "Negra Sombra". Enfin, ao final o traballo quedou moi corto porque descartamos moitísimo material interesante".

É un orgullo para a Chanfainalab contar con pezas tan turbadoras e suxestivas como “Negra sombra” de Pablo Millán. A través dunha panorámica de esquerda á dereita agroman as imaxes gravadas en San Sadurniño, vellas fotografías de xentes presentes nesta web, cemiterios, igrexas ou edificios singulares, mesturados cos símbolos visuais da mala sorte. Todo elo na procura da "quintaesencia do medo" e de se converter nunha peza de vocación universal que poda ser entendida en todo o mundo. Como afirma o cineasta: " É un filme fundamentalmente expresivo, como o é a dimensión da música, por iso tratei que prevaleceran elementos de gran potencialidade visual, sen contidos anecdóticos como poderían ser acontecementos puntuais históricos que interferiran no esencial. A superstición como leimotiv da peza, asenta o concepto e funciona como elemento psicolóxico, de gran presenza expresiva. A imaxe e o son teñen un tratamento que o achega máis ao mundo da animación e da arte, moito mais apropiado e moi preto da proposta conceptual inicial".
Así pois, nesta ocasión deixádevos levar pola creatividade, o talento e as moitas horas de traballo de posprodución dun dos cineastas máis interesantes do audiovisual galego contemporáneo. De seguro que non seredes capaces de pechar os ollos ata que na pantalla poña "Fin" e.. entón.. un arrepío percorrerá o voso corazón.
Fotografías de Cesar Galdo.

  • "Negra sombra"

  • Pablo Millán na Chanfainalab

  • Ana Lombao na Chanfainalab

  • Ana no preparatorio da chanfaina

  • Pablo na visita á casa do patriarca Manolo Rico

  • Pablo e Ana preparando a gravación

  • Pablo de turista na Casa do Concello

  • Pablo presentando "Eira de cineastas"

  • Pablo con Natalia, Claudia, Marta, Ángeles e Jorge

  • Na procura da "negra sombra"

  • Pablo e Ana concentrados na gravación

  • Ana e Pablo en San Sadurniño

  • A pose d@s cineastas

  • Pablo e os resto d@s cineastas da Chanfainalab no esceario da casa de cultura

  • Pablo Millán na estrea mundial da chanfainalab

  • Pablo entre Bea e Natalia

  • O publico aplaude a estrea das pezas da chanfainab

  • Pablo con Sabela, Carla, Claudia e Ana na estrea do 3º chanfainalab

  • Pablo no fotocall da chanfainalab

  • A negra sombra en San Sadurniño

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, vídeos, visitantes, animais

Autor/a: Pablo Millán

Vídeos:
"A meiga chuchona"

Compartir en: