Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Morte violenta do Secretario do Xulgado

O Casal, San Sadurniño, 1901

Entre os sucesos máis mediáticos deste comezo do século XX na "Vila da tranquilidade" destacou a morte violenta de Plácido Ramos Fernández, secretario do Xulgado Municipal de San Sadurniño o 30 de marzo de 1901. O suceso aconteceu ao carón do Pazo de San Sadurniño.
As primeiras informacións confusas da prensa daban conta do que parecía un accidente fortuito, máis unha carta escrita por Víctor López -xenro do falecido- o 6 de abril e publicada días despois en "El Correo Gallego" aportaba luz neste desgraciado suceso. Ao parecer a morte debeuse a que Antonio Naveiras Alvariño -vecino da Capela- atropelou co seu cabalo pola espalda ao infortunado Placido Ramos cando saía dun xuizo no Xulgado municipal acompañado polo xuiz municipal Serafín Alende. Antonio Naveiras acabaría encausado por esta causa e ingresará en prisión días mais tarde. No xuizo celebrado en xuño de 1902 será acusado por "homicidio por imprudencia temeraria", mais quedará absolto porque ningún dos nove testigos do feito puideron acreditar a intención de Antonio Naveiras de asasinar á Placido Ramos.
Plácido era fillo de Andrés Ramos e Vicenta Fernández. Estaba casado con Rosalía Fernández e deixa catro fillos: Consuelo, Filomena, José María (en Cuba) e Serafín Ramos Fernández (en Montevideo).

  • Morte violenta do Secretario do Xulgado

  • A nova na Voz de Galicia

  • Unha testemuña que fai mudar a versión xornalística o día 9 de abril

  • A Voz de Galicia faise eco da testemuña

  • O 22 de abril ingresa en prisión o presunto agresor

  • O 27 de xuño de 1902 celébrase o xuizo

  • Sinatura de Plácido Ramos o día anerior á sua morte

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: animais, conflitos, San Sadurniño (parroquia)

Compartir en: