Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Morte do párroco de Ferreira

A Seara, Ferreira, 1918

Na mañan do 22 de outubro de 1918, nos días da devastadora epidemia de gripe en San Sadurniño, un suceso tráxico commocionará á veciñanza. O párroco de Ferreira, Angel Fojo Romero (1853-1918), de 65 anos de idade, apareceu morto na casa reitoral dun disparo no peito.
O suceso foi confuso e polas corredoiras e tabernas de San Sadurniño correron varias hipóteses e teorías de todo tipo. Uns dicían que o sacerdote suicidárase voluntariamente. Outros, pola contra, coidaban que fora un accidente mentres manipulaba a súa pistola Smith por mor dun un disparo accidental. E outro sector da veciñanza apuntaba directamente, como culpable de asasinato, ao irmán da muller que o atendía dende facía anos. Dicían que o crime aconteceu por causas económicas, debido a que o párroco -que levaba en Ferreira dende 1903- recibira unha herdanza familiar recentemente.
Máis en marzo de 1919 o caso foi sobreseído definitivamente por falta de probas e, polo tanto, a morte do párroco de Ferreira quedou sen resolver.

  • Morte do párroco de Ferreira

  • A nova no Ideal Gallego

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, Ferreira, igrexas parroquiais

Compartir en: