Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Monte Xurásico"

Ferreira, 2019

6ª Chanfaina'Lab (15). Estrea domingo, 29 de marzo do 2020
Realización: Roberto Bouza
Actriz: Cruz Piñón
Voz: Karen Gallego
Música: Radiant
Sinopse: “Sen que ninguén saiba cómo, unha colonia de dinosauros irrompe nun monte de San Sadurniño, sementando o terror. A veciñanza indefensa agarda a axuda... Chegará a tempo?”
Duración: 3' 47”
Gravado en San Sadurniño, Naraío, Ferreira dentro do programa da 6ª Chanfainalab.

Roberto Bouza (Ferreira, San Sadurniño,1979). Técnico especialista en novas tecnoloxías, deseño gráfico e animación 3d. Mentres estudaba electrónica, iniciou o seu interese creativo coa programación de videoxogos nas videoconsolas da época, participando en eventos da escena independente. Como autodidacta, na actualidade dedica parte do seu tempo de lecer a aprender novas técnicas de deseño por computador ademais da programación. Realizou a Promo da 5º chanfainalab. Na súa canle de Youtube podes ver outros traballos do artista visual de Ferreira.

Por razóns laborais, Roberto non puido estar connosco nos días da Chanfainalab, aínda así encargouse da fotografía "Decides que o matrimonio". Mais desta vez non quixo deixar de participar cunha curta propia: "A idea xurde da miña fascinación polo cine de ciencia-ficción e catastrófico. Sempre quixen facer cine de este estilo e a miña peza está claramente influenciada pola saga Jurassic World. A curta tenta recrear unha invasión xurásica no concello de San Sadurniño. Dada a complexidade técnica da idea orixinal, de integrar dinosauros 3D animados con vídeo real, as dificultades foron moitas, dende axustar a distorsión da lente da cámara real coa cámara virtual para que a composición final fora coherente, a iluminación dos obxectos 3D o máis aproximado posible a escena real, a propia composición dos fotogramas, e por suposto a animación do esqueleto dos dinosauros. Na introdución faise referencia a unha invasión ben coñecida polos veciños, a das velutinas, que serve como abertura dunha invasión máis terrorífica. Os velociraptores avanzan imparábeis dende o monte ata o núcleo urbano durante o día e pola noite chega un Tiranosaurio Rex. A peza remata cunha mensaxe de esperanza."
Como non puido asistir á estrea da Chanfainalab na Casa de Cultura de San Sadurniño, Roberto enviounos este videosaúdo:

"Monte xurásico" é un traballo moi complexo de Roberto no que debeu de empregar máis de 100 horas para rematalo. Hai que gravar a imaxe real, logo facer as animacións paso a paso para integrar finalmente imaxe real e animación: "Unha das razóns polas que escollín meterme neste lío -que hipotecou moitas horas do meu lecer- era demostrar que con software libre e gratuíto tamén se poden facer cousas complexas. As veces, vemos no cinema grandes superproducións en 3D realizadas con todo tipo de medios técnicos; esta é unha peza modesta, pero non gastei un patacón en equipos ou licencias. Calquera pode facelo. O único gasto é o tempo." Así pois preparémonos para unha emocionante e divertida invasión de bichería dende os montes de Ferreira. Dende a organización da Chanfaina quedamos en débeda por este atracón de curre que levou o artista visual de San Sadurniño. Grazas Roberto polo teu esforzo.
Fotografías de Roberto Bouza.

  • "Monte Xurásico"

  • Roberto Bouza

  • Cruz Piñón, actriz protagonista e orgullosa nai de Roberto.

  • Dinosauros por Feáns

  • Cruz case aterrada por un velociraptor

  • Gravación no Pico Ferreira

  • Cruz Piñón en perigo...

  • Tiranosaurio Rex no Concello de Sansa

  • Videosaudo de Roberto na estrea mundial de "Monte Xurásico"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: animais, castelo de Naraio, creador@s, Ferreira, Horta de Cruz, Pazo da Marquesa, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Roberto Bouza Piñón

Vídeos:
Cabeceira 5º Chanfainalab, 2018
Demo Reel 2017

Compartir en: