Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Misterio no Pazo do Marqués

As Somozas, 1894

En 1894 aconteceu un fato de feitos estraños no que se mesturan intereses políticos ou personais e que concitaron o interés mediático dos xornais de ámbito rexional e estatal, atemorizando aos habitantes do concello.
José Mariano Quindós, VI marqués de San Sadurniño chegara dende Madrid a mediados de xullo para pasar unha curta temporada veraniega. Por razóns que ignoramos tomou a decisión de despedir ao administrador das súas propiedades en San Sadurniño, Antonio López Torrens e substituílo polo mestre xubilado das Somozas, Gregorio García Castro. Probablemente a decisión tivera que ver coa remuda completa da corporación municipal en xullo dese ano,cando o gobernador civil destitúe ao equipo de goberno pola desastrosa xestión, nomeando novo alcalde a Antonio López Rodríguez e que supuxo a destitución de López Torrens do seu cargo de Secretario municipal, acusado de corrupción e desastrosa xestión.
Mais o cargo de Administrador do marqués debía ser moi cobizado, xa que días despois, arredor do 8 de outubro dese ano, estourou unha bomba na casa das Somozas na que vivía Don Gregorio, o “novo administrador”. Ao parecer houbo sorte, e a bomba non ocasionou desgrazas persoais, mais si importantes estragos materiais.
Días despois, foron detidos os presuntos autores materiais do atentado, o despedido administrador Antonio López Torrens e os veciños Manuel López Sisto -un mozo de 22 anos- e Angel Sisto.
Para complicar aínda mais o embrollo, os xornais madrileños informan que o “Marqués recibira un anónimo ameazándoo con dinamitar o seu Pazo, por cuxa causa, temendo vinganzas dos anarquistas, dimitiu do seu cargo o Administrador de dicha finca”. A mediados de mes e por pasións políticas, producíase un conato de incendio na casa do practicante municipal, Serafín Alende. Os xornais avisaban que "o pánico extendeuse aos labregos de San Sadurniño e as Somozas, entre os que reina gran excitación".
Porén en novembro de 1894, o marques tomaba unha nova decisión: nomear Administrador Xeral dos seus bens en San Sadurniño ao párroco Felipe Calvo Díaz, que se manterá ininterrompidamente á fronte dos intereses dos marqueses ata un pouco antes do seu falecemento en 1921. Aos poucos, instalouse un posto da Garda Civil en San Sadurniño.
E qué foi dos protagonistas do suceso?
Respecto de Gregorio García Castro, topámolo coma xuíz municipal das Somozas arredor de 1902; tamén o despedido Antonio López Torrens será o xuíz municipal en Neda, casado con Secundina García Somoza. Pola contra, un dos inculpados, Manuel López Sisto, ironicamente retornará a administrar os intereses da marquesa en 1918, falecendo coma xuíz municipal de San Sadurniño a finais de maio de 1929. O seu irmán Avelino López Sisto será o alcalde de San Sadurniño durante a ditadura de Primo de Rivera (24-28) e outro irmán, Antonio López Sisto será o vicesecretario local de Unión Patriótica, único partido legal baixo a ditadura.
Na fotografía Antonio López Torrens, Administrador do Marqués de San Sadurniño de 1889 a 1894 (Arquivo persoal de Eliseo Fernández)

  • Misterio no Pazo do Marqués

  • Destitución do Administrador 30-11-1894

  • Bomba na casa de Don Gregorio El regional 23/10/1894

  • Incendio na casa do medico (Gaceta de Galicia 14.11.1894)

  • Amenazas anarquistas. (Iberia 18/11/1894)

  • Gaceta de Galicia, 30/10/1894

  • Antonio López Torrens

  • Secundina García Somoza, muller de Antonio López Torrens

  • Desastre de administrativo no Concello. La voz de Galicia 30.8.1894

  • "En defensa de los buenos". Xestión administrativa do Concello 4.5.1895

load

Documentos:

Carta abierta a los vecinos del distrito de San Saturnino. Antonio López, marzo 1897

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), outros lugares

Compartir en: