Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Materia prima"

Pena da Meda, Igrexafeita, 2015

2ª Chanfaina'Lab (16). Estrea venres, 17 de xuño do 2016
Directora: Natalia Porca
Sinopse: "Unha visita convértese no percorrido por tres casas diferentes: presente, pasado e futuro. Unha casa habitada, unha abandonada e outra coa que se soña. As tres atópanse na memoria dunha nena que volta a elas anos máis tarde, facendo que os seus recordos se contrapoñan coa realidade, co que agora é e co que viviu ou non alí".
Duración: 3’ 46’’
Gravada nos días 5 e 6 de setembro do 2015 en Pena da Meda (Igrexafeita) dentro do programa da Chanfainalab. Seleccionada no Festival S8 (Coruña 2016) e no Olloboi (Boiro 2016).



Aínda que nacida en Ferrol hai 21 anos, os avós maternos de Natalia viviron en Pena da Meda (Igrexafeita). Ao rematar o Bacharelato no IES Concepción Arenal de Ferrol ingresa na Facultade de Comunicación de Santiago, onde vai comezar o cuarto curso de Comunicación audiovisual. Escritora vocacional, cineasta ocasional e curiosa pola vida, Natalia realizou algunhas curtas na facultade, entre elas “Meus ollos firen” (2014), 4º Premio no certame CinEOI 2015 e finalista en Olloboi 2015. Participa activamente na revista cultural Compostimes e mantén "Tintas y cuerdas", un blog persoal de creación literaria e audiovisual.

A cineasta chegou á Chanfaina con certa crise existencial e sen saber moi ben qué facer: "Tiña tirado un fío narrativo a partires de tres casas de Igrexafeita que estaban relacionadas coa miña memoria persoal. Algo así como o pasado, o presente e o futuro a través das lembranzas localizadas nas tres casas. Tamén algunhas fotos vellas que saquei da casa da miña tía, mais non sabía como conectalas entre sí... Ao final, na montaxe din coa metáfora que pretendía a través dun texto con vocación poética que cargou de sentido as imaxes de Igrexafeita da miña infancia. En realidade nesta peza tan só fun unha nena que indagou coa súa cámara nas casas da familia, algunhas en ruínas, na procura dos alicerces, do sentido do que fomos, mais tamén do que somos no presente".

“Materia prima” propón unha viaxe polo tempo e a memoria desta prometedora cineasta, un flasback polos espazos da patria da infancia, que sempre idealizamos no decurso do tempo vivido. Esa materia prima que conforma o noso xeito de ver o mundo hoxe, mais que bebe dos tempos no que fomos nenos e nenas. En palabras do crítico Fernando Solla: "Los humanos mudamos pero mucho más rápido que nuestro entorno. Tras un camino de piedra al que nadie llega se detiene el tiempo y empieza la vida secreta. Un exterior aparentemente inhóspito contrastará con el ritmo interior de un hogar. Una parada para cerciorarnos que todavía tenemos la vida por delante como retrato cinematográfico del futuro que todavía no hemos vivido. Que será presente y después pasado. Unas imágenes envueltas de un sonido naturalista y que en voz de la autora nos confiesan que la materia prima de la vida son los recuerdos. O los sueños. Estar, quedarse y marchar. Si la materia prima de la vida son los recuerdos y éstos son caprichosos y aleatorios, ¿elegimos nuestra propia identidad de manera selectiva?. El paso del tiempo: lo que antes era un campo ahora es una piscina. Personalísimo y emotivo cortometraje" .

  • "Materia prima"

  • Natalia en Igrexafeita

  • Materia Prima

  • Materia Prima 2

  • Natalia na Chanfainalab

  • O territorio da infancia en Igrexafeita

  • A casa dos avós

  • Lembranza de Natalia

  • Materia Prima 3

  • Materia Prima 4

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, emigración, Igrexafeita, labregos e labregas, vídeos, visitantes

Autor/a: Natalia Porca

Compartir en: