Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

Martín Sarmiento e a III Marquesa de San Sadurniño

Ferrol, 1755

O erudito e ilustrado galego Frei Martín Sarmiento visitou en dúas ocasións a cidade de Ferrol. A primeira vez foi en 1745 percorrendo o "Camiño Inglés". A segunda estadía do sabio galego producirase dez anos despois, do 12 ao 23 xuño do 1755, ,“para ver las obras de Ferrol”, atraído pola sona que estaba a acadar a cidade departamental como núcleo tecnolóxico e ilustrado de Galicia, e onde se estaba a construír o arsenal naval máis innovador do seu tempo.
Nesta segunda viaxe chegou ao Mosteiro de Xuvia o día 12 de xuño cara a noitiña. O día 14 saíu para San Andrés de Teixido polo vello camiño de San Andrés pasando ao carón do monte Esperón e a parroquia de Santa Mariña do Monte. O día 16 retorna ao Ferrol, sendo invitado de honra da viúva de 44 anos Josefa Cayetana Pardo de Moscoso, III Marquesa de San Sadurniño, que daquela xa vivía en Ferrol. Deberon ser de moito interés as conversas entre o sabio beneditino, que tiña daquela 60 anos e a marquesa, ao parecer favorecedora das artes e das letras. Podes ler en Documentos un artigo de Juan J. Burgoa sobre a viaxe de Frei Martín Sarmiento ao Ferrol.

Martín Sarmiento e a III Marquesa de San Sadurniño

Documentos:

Un episodio de Ferrol de la Ilustración: las visitas del Padre Sarmiento, del Padre Isla y del Cura de Fruime
Viaxe de Sarmiento a Galicia (1754)
Sarmiento en Ferrol. El correo gallego 21.8.1887

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Santa Mariña do Monte, Señores de San Sadurniño, visitantes

Autor/a: Fálame

Compartir en: