Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Marcha de "Don Daniel", párroco de San Sadurniño

San Sadurniño, 1946

No verán de 1946 o párroco Daniel Porto Río abandonaba San Sadurniño con destino á parroquia de San Francisco en Ferrol. Chegara en 1923 escollido pola recente viúva, a marquesa Natividad Quindós, nunha terna segundo o “dereito de representación” -un privilexio do antigo réxime- que lle permitía escoller os curas das parroquias da súa "xurisdición".
Daniel fora ordenado sacerdote en 1913 e xa pasara por Viveiro, Melide e Miño, promovendo activamente o sindicalismo católico que tanto lle gustaba aos marqueses de San Sadurniño. Daniel Porto Río era considerado pola prensa católica daquela como un -“sacerdote modelo”. Don Daniel mantivo unha actitude tolerante nos anos difíciles da Guerra Civil, intercedendo por algúns significados republicanos de San Sadurniño.
En 1946 chegoulle a hora do relevo, sendo substituído por José María Gavín Porrás, irmán do que sería alcalde de 1964 a 1971 Angel Gavín. O novo párroco de San Sadurniño fora ordenado sacerdote en xullo de 1934 e procedía da parroquia do Socorro en Ferrol. Morreu nun desafortunado accidente coa moto en 1958. Manolo Rico evoca a presenza dos dous párrocos de San Sadurniño. Na fotografía, Daniel Porto Río no Pazo da Marquesa

  • Marcha de "Don Daniel", párroco de San Sadurniño

  • José María Gavín párroco de San Sadurniño (1946-1958)

  • O párroco Daniel Porto e Manuel López Sisto (1928)

  • Un sacerdote modelo. Ideal Gallego. 8/8/1923

  • Falecemento de José María Gavín o 17/6/1958

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: igrexas parroquiais, San Sadurniño (parroquia), xente, Pazo da Marquesa

Autor/a: Manolo Rico López

Compartir en: