Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Mámoas de Moimentos

Moimentos, Santa Mariña do Monte, data descoñecida

Ao carón da igrexa de Santa Mariña, en "Moimentos", ubícanse dúas mámoas pertencentes a un gran complexo funerario da era neolítica –de hai polo menos 4 000 anos- situado no monte dos Nenos-Esperón con mais de 16 túmulos de diferentes formas e tamaños. As mámoas eran lugares de enterramento dos pequenos poboados agrarios daqueles tempos e o seguiron sendo durante centos de anos, ata a chegada do cristianismo. Estaban situados a grande altura, polo que ademais de tumbas, servían como marcas delimitatorias e orientadoras dos camiños para “xeolocalizarse” no territorio, como neste caso, ás beiras do milenario camiño de San Andrés de Teixido. Así cóntanolo o historiador e arqueólogo de Trasancos Andrés Pena Graña:



Unha mágoa que hoxe non queden restos visíbeis das dúas mámoas na campa de Moimentos…Podes ver mais información en imaxes relacionadas e documentos.

  • Mámoas de Moimentos

  • Mamoa nº 2

  • Campa das mámoas de Moimentos

  • Mámoa do monte dos Nenos segundo Eva Merlán (Narón: unha historia ilustrada)

  • Interior dunha mámoa segundo Eva Merlán (Narón: unha historia ilustrada)

  • Mámoa 1 de Moimentos

  • Reconstrución dun túmulo megalítico (Irlanda)

  • Mapa de monumentos megalíticos en Monte dos nenos

  • Arqueoloxía na parroquia de Monte

load

Documentos:

Conxunto arqueolóxico Monte dos Nenos-Esperón

Comentarios

Máis imaxes

Temas: megalitismo, patrimonios, Santa Mariña do Monte

Autor/a: Andrés Pena Graña

Compartir en: