Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Mais doazóns de Naraío para o mosteiro de Xuvia

Naraío, 1163

Durante todo o século XII, a aristocrática familia Froilaz segue controlando a posesión feudal das terras de Trasancos mediante doazóns ou encomendas. Nesta ocasión será Pedro Suárez, neto do gran señor feudal, Rodrigo Froilaz, quen o 13 de setembro de 1163, fará doazón testamentaria ao mosteiro de San Martín de Xuvia dun lote terras en Santa María la Mayor de Trasancos, Naraío, Xubia, Lamas, así como outras posesións en Ferrolterra. O mosteiro familiar dos Froilaz seguía a recibir as terras dos membros da saga, para posteriormente poder “encomendalas” de novo a membros da propia familia. Co mecanismo das doazóns -aparentemente tan xenerosas- garantíase a continuidade das posesións dos Froilaz en membros da propia familia e polo tanto o mantemento de todos os resortes do poder feudal sobre as súas terras e vasalos.Na fotografía, Val de Naraío.

  • Mais doazóns de Naraío para o mosteiro de Xuvia

  • Val de Naraío

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Naraío, outros lugares

Compartir en: