Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Liorta"

San Sadurniño, 2015

Chanfaina'Lab (12) Estrea venres, 10 de abril do 2015
Título: Liorta
Director: Alfonso Zarauza
Duración: 3'
Sinopse: " Un home, unha longa noite de troula e un atormentado amencer en San Sadurniño"
Gravado en San Sadurniño o día 6 de xaneiro de 2015 dentro do programa da Chanfaina' Lab

Alfonso Zarauza foise consolidando chanzo a chanzo como un dos mais prometedores directores do cine galego. Dende as primeiras curtametraxes na Escola de Imaxe e son de Coruña, Zarauza foi madurando como un autor con mirada propia: na melancólica e lírica "A noite que deixou de chover"; na lúcida análise sobre as dificultades de facer cinema en Galicia de "Encallados", ata a consagración profesional definitiva que supón "Os fenómenos", aínda en exhibición comercial. e con catro premios "Mestre Mateo" no 2015. Para a Chanfaina'lab Zarauza apostou por unha ficción un tanto peculiar, porque sabía que a maioría dos seus compañeiros ían apostar polo documental, así que decidiuse claramente por realizar unha ficción narrativa, aínda que non dun xeito convencional. "As miñas premisas eran esas, que fora ficción e que tivera, a ser posible, certo sentido do humor. E finalmente tirei por aí e creei unha pequena peza de ficción narrativa, mais sen actores e cunha narración máis implícita que explícita". A súa fonte de inspiración foi unha canción de Johny Cash "Matei a un home en Reno, simplemente por velo morrer..." Tamén foi un referente o cinema crepuscular de Sam Peckinpah que envolve a viaxe sen retorno do personaxe, mentres mira ao ceo empedrado, seguindo a maraña de cabos que atan de poste en poste San Sadurniño e tamén o resto de Galicia. Por outra banda, a peza engarza cunha certa tradición festeira e brava das parroquias do concello, que está moi presente na canción popular "Fun a feira de San sadurniño".

  • "Liorta"

  • Alfonso Zarauza

  • Alfonso -á esquerda- na proxección da Chanfaina'lab

  • Zarauza -a dereita- como actor en "Tenis real" de X. M. Sande

  • Angel Santos, Guillermo Carvajal, e Alfonso Zarauza na Chanfaina'lab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, cinema, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes

Autor/a: Alfonso Zarauza

Vídeos:
Sebastián (2001)
Danza de Katiuska (1998)
A noite que deixou de chover (trailer) .2008
Los fenómenos (trailer) 2014

Compartir en: