Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Lenda do pozo dos donceis

A Cortiña, San Sadurniño, 2013

A “lenda do pozo dos donceis” garda relación coa hipótese do historiador Carré Aldao de que as beiras do río Xuvia estaban poboadas de palafitos. Por outra banda, este conto tradicional enxérgase na tradición de historias de “cidades asolagadas” estendida por moitos lugares de Galicia.
O espazo da lenda sitúase nun recodo do paseo do río Xuvia, onde estaba a desaparecida "Pérgola", ao carón do Arboreto. .Tamén aquí foi onde o poeta José María Gabriel e Galán escribiu un famoso poema.
No 1922 os xornais de Galicia recolleron un suceso revelador da profundidade do pozo , cando case se afogan uns mozos que estaban de troula no lugar.

No ano 2014 os creadores Juan Lesta&Belén Montero adaptaron o poema para a Chanfaila'lab co título "Balada cover"
Nesta ocasión escoitaremos a lenda narrada por cativos e cativas da aldea de verán ao que lle engaden o seu particular final. . Podes ler a lenda orixinal escrita polo escritor José Leyra Domínguez na imaxe asociada inferior
En xullo do 2017 inaugurouse no mesmo lugar unha escultura que representa á deusa Navia.

  • Lenda do pozo dos donceis

  • Lenda do "Pozo dos donceis" segundo José Leyra Domínguez

  • Pozo dos donceis pintado por Leyra Domínguez

  • Pérgola Pozo dos donceis

  • Un suceso no Pozo dos donceis (El correo gallego, 21 6.19229

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: naturezas, nenos e nenas, patrimonios, ríos, San Sadurniño (parroquia), lendas, Pazo da Marquesa

Autor/a: Aldea de Verán

Vídeos:
"Balada cover"

Compartir en: