Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

José María Quindós y Quiroga. XIV Señor e 5º Marqués de San Sadurniño

Ferrol, 1811

XIV Señor e 5º Marqués de San Sadurniño (1811-1821).
Naceu en Ferrol en 1792 sendo fillo único de José Jacinto Quindós y Reinoso de Andrade e a súa sobriña Ana Quiroga. Con 13 anos herdou todos os títulos do morgado á sua morte en 1811, ademais de Alguacil Mayor e rexedor perpetuo de Ourense e cabaleiro da Real Maestranza de Ronda.
Debeu ter unha esmerada educación e casou en 1821 aos 29 anos cunha moza (19 anos) de distinguida familia, María Segunda Tejada y Eulate (Ferrol 1802-Madrid 1847), filla do Capitán Xeral Felix Tejada y Suarez de Lara. Mais o matrimonio non durará nin sequera un ano, por mor do falecemento prematuro do 5º Marqués de San Sadurniño en 1821 aos 29 anos, -cando tomaba as augas no Balneario do Carballiño- deixando un fillo póstumo, José Mariano Quindós y Tejada que nacerá na rua S. Francisco de Ferrol en xaneiro de 1822. En marzo dese mesmo ano a nai e a viuva estaban tomando posesión do señorío de San Sadurniño, segundo o rito ancestral con pedra, madeira, tellas e ramallos de árbores. ou legumes.

A sua viuva, María Segunda Tejada e súa nai, participarán en varios pleitos para garantir a herdanza das propiedades do morgado do recén nacido, mais casará no 1827 en Madrid, en terceiras nupcias, con Francisco Aguirre O'Neal, sendo os pais de Manuel Aguirre de Tejada, I conde de Tejada de Valdeosera, quen chegará a ser Ministro de Gracia y Justicia e de Ultramar no reinado de Alfonso XII. Posiblemente a influencia na corte madrileña de María Segunda Tejada y Eulate será decisiva no ascenso social e a fulgurante traxectoria política no partido moderado e na corte isabelina de José Mariano Quindós y Tejada, 6º Marqués de San Sadurniño.
Na fotografía, interior da Igrexa de San Francisco en Ferrol, de grande importancia na vida dos Marqueses de San Sadurniño

José María Quindós y Quiroga. XIV Señor e 5º Marqués de San Sadurniño

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Señores de San Sadurniño

Compartir en: