Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Incendio intencionado do palleiro do practicante Serafín Alende

Agra, San Sadurniño, 1894

Serafín Alende Blanco naceu en Agra nº 7, fillo dun matrimonio das Pontes (José e Antonia). Casou con Ramona Álvarez Mayobre, filla do home máis poderoso de San Sadurniño no século XIX, Justo Álvarez Sierra, administrador do Marqués e alcalde durante moitos anos. Axiña puido entrar no Concello como Secretario municipal en 1877 e no ano seguinte acada a praza de practicante municipal, aínda que para moita xente "correrá como médico". Durante os últimos 25 anos do século XIX será un dos "prohomes" do pobo, sendo ademais xuíz municipal dende 1897. Unha das súas fillas, Manuela, estudará maxisterio, mais falecerá aos 19 anos pola tuberculose en 1892. Outra filla, Carmen Alende Álvarez casará co rico indiano, comerciante e alcalde Pelayo Casal e Pilar casará co emigrante trunfador en Cuba Ricardo Rivera Rey, nado en San Sadurniño e falecido en Ferrol no 1935. En 1906 estaba reclamando ao Concello o pago (1500 pesetas) polos seus servizos como practicante.

Tras do conflitivo verán de 1894, con sucesos insólitos na historia de San Sadurniño como a destitución fulminante do alcalde, Tomás Rico, a bomba en Somozas e a destitución do Administrador do Marqués, os xornais coruñeses e madrileños alertaban que "el pánico se extendió entre los campesinos de San Sadurniño y las Somozas, entre os que reina gran excitación". Mesmo falábase da posibilidade de terrorismo anarquista en San Sadurniño. Este é o contexto no que se produce o incendio intencionado -"por pasiones políticas"- dun palleiro ao carón da casa familiar do respectable veciño Serafín Alende en outubro de 1894.
Nun principio acusouse ao chofer do Marqués, Tomás Justo Santalla (23 anos) e a Teodoro Rodríguez, un labrego de 21 anos, mais foron postos en liberdade aos poucos días. Ao final será o veciño Nicolás Ramos Calvo quen será acusado e imputado en xaneiro de 1895, mais saíu en liberdade provisional aos cinco meses.

  • Incendio intencionado do palleiro do practicante Serafín Alende

  • Incendiarios en San Sadurniño 16.11.1894

  • Incendiarios en San Sadurniño 20.11.1894 La voz de Galicia

  • Noticia do incendio (1) 13.11.1894

  • Noticia do incendio (2) 13.11.1894

  • Posta en libertad dos presuntos autores 17.11.1894

  • Morte da filla de Serafín en 1892 (LVG, 23.07.1892)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, xente

Compartir en: