Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

Inauguración do Centro de saúde

San Sadurniño, 1992

Un dos problemas fundamentais das sociedades rurais ao longo do tempo foi cómo afrontar a enfermidade e nomeadamente a mortalidade infantil. As malas condicións hixiénicas e alimentarias, a inexistencia de servizos médicos, a dispersión xeográfica e os problemas de comunicación, as enfermidades infecciosas e epidemias, minguaban a esperanza de vida de labregos e labregas. Normalmente existían homes e mulleres que a través da transmisión interxeneracional,-ou ensaio e error- eran capaces de curar algunhas enfermidades ou traumatismos utilizando remedios naturais: "curandeiros", "meigas" ou "menciñeiros" estaban para iso. Os ensaios publicados sobre medicina popular galega así o acreditan.
En San Sadurniño sabemos polo Catastro de Ensenada, que arredor de 1752 non hai servizos sanitarios que atendan aos 3.500 veciños, agás un cirurxián en Ferreira (para as moas e traumatismos) e un Hospital para pobres con tres camas mal atendidas polo Marqués de San Sadurniño quen daquela, xa non vivía no Pazo. Podemos facérmonos unha idea da situación cen anos despois, analizando os datos demográficos de 1872 segundo o Rexistro Civil de San Sadurniño.
Teremos que agardar ata 1878, para que San Sadurniño conte ao fin cun servizo de sanidade pública. Un concurso público municipal trae un médico para atender ás familias pobres. O médico interino será Manuel Constenla da Cal, veciño de Xubia. Serafín Alende acada o posto de practicante. Segundo o contrato, o médico debe atender aos pobres do distrito sen cobrarlles honorarios. Serán considerados pobres os que non teñan declaradas en territorial 25 pesetas de riqueza liquida impoñible.
Coñecemos os nomes dalgúns médicos que exerceron en San Sadurniño, xeralmente recén licenciados en medicina, mais que paraban pouco tempo no concello como Carlos Cunqueiro Montenegro (1900-1902), José Goyanes Cedrón (1903-1908), Francisco Malvar (1910), Ricardo Rodríguez Piña ( -1916), José Malvar Yáñez, (1923-1934), aínda que o autentico "médico de San Sadurniño", xa que viviu toda a súa vida no concello, foi Enrique Fentanes Portela, en activo dende 1914 ata a fins da década de 1940.
As corporacións democráticas tentaron a instalación de servizos sanitarios dignos e eficientes, pois estiveron moitos anos nos baixos do Concello. Será co alcalde Manuel José Lamas cando se poñan os alicerces do Centro de Saúde mediante un Convenio co Bispado en 1989 para a cesión dun terreo ao carón do Convento do Rosario. Mais o proxecto converterase en realidade co alcalde Constantino Bedoya.
O 29 de maio de 1992, o Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Romay Beccaría inauguraba oficialmente o flamante e funcional Centro de Saúde de San Sadurniño. Cunha superficie útil de 381 metros cadrados, o proxecto foi deseñado polo arquitecto José Manuel Alarcón Canizo e tivo un custe de 36 millóns de pesetas. A empresa construtora foi Airado y Maseda, domiciliada en Neda.

  • Inauguración do Centro de saúde

  • Inauguracion do Centro de Saúde de San Sadurniño. LVG 30.5.1992

  • O alcalde Lamas e o solar do Centro de saúde LVG 25.8.1990

  • Concurso de adxudicación do centro médico. LVG 21.10.1990

  • convenio co Bispado LVG 13.12.1989

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: labregos e labregas, San Sadurniño (Concello), empresas de servizos

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: