Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

Iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

Inauguración das piscinas municipais

Currás, San Sadurniño, 1998

Unha vella arela da mocidade de San Sadurniño era a instalación dunha piscina municipal en San Sadurniño no lugar de Currás. A mellora figuraba en todos os programas electorais da década dos 80, mais será en 1998 cando nos tempos da alcaldía de Constantino Bedoya se converta en realidade, xunto coa construción do campo de fútbol nunha parcela de 10.000 metros cadrados dos que 3.000 son ocupados polas piscinas e instalacións anexas.
Os terreos para construír a Área Recreativa de Currás foran cedidos polo Bispado de Mondoñedo ao Concello presidido polo socialista Manuel José Lamas en marzo de 1989, despois dun complexo proceso iniciado pola Marquesa de San Sadurniño en 1946.

A piscina foi sufragada pola Deputación de Coruña. As obras comezaran en setembro de 1997, sendo inauguradas por Augusto Cesar Lendoiro o 21 de xullo de 1998. O complexo lúdico-deportivo de Currás converterase deseguida nunha referencia para o desenvolvemento de numerosas actividades nos veráns como a Festa da familia, ademais doutras iniciativas orientadas ao público infantil. O complexo acometerá unha reforma integral no ano 2016.

  • Inauguración das piscinas municipais

  • Inauguracion da piscina municipal de San Sadurniño.LVG 21-8-1998

load

Documentos:

"A verdadeira historia de Currás" por Ramón Díaz Raña (2017)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: deporte, fútbol , lecer, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Fálame

Compartir en: