Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

Inauguración da estatua do Sagrado Corazón de Jesús

San Sadurniño, 1905

Os Marqueses de San Sadurniño demostrarán ao longo da súa vida unha gran devoción polo Sagrado Corazón de Jesús. O culto fora promovido especialmente polo Papa León XIII na Encíclica "Annun Sacrum",en 1899. Natividad Quindós será a Presidenta da ultraconservadora “Unión de Damas Españolas”, unha das asociacións promotoras do monumento erguido no Cerro de los Ángeles e inaugurado polo Rei Alfonso XIII o 30 de maio de 1919. Meses despois, os Marqueses inaugurarán unha réplica nos xardíns do seu Pazo. Mais a primeira vez que chegou o culto do Sagrado Corazón a San Sadurniño foi en xullo de 1905 como recolle a extensa crónica de "El correo Gallego" asinada polo notario poeta García de Quevedo ao que asistiron as persoalidades locais en pleno e por suposto os patrocinadores da estatua, os Duques da Conquista. Esta imaxe será levada todos os anos en procesión ata os xardíns do Pazo o día do Sagrado Corazón. .
Todos os veráns, os marqueses orgaizan algún tipo de actividade relacionada con esta devoción. Por exemplo a doación de cadros do Sagrado Corazón ás escolas en 1914, ou as festas de entronización da estatua no Pazo ao longo de varios anos. No mesmo tempo no que os labregos recollen as colleitas das terras dos Señores ou preparan as maletas para emigrar a América.
Na foto, a imaxe antes e despois da súa restauración no 2010.

  • Inauguración da estatua do Sagrado Corazón de Jesús

  • Estatua do Sagrado Corazón en San Sadurniño 12.07.1905. El Noroeste. Coruña

  • Crónica de García de Quevedo sobre a entronización da estatua. Correo gallego. 11.7.1905

  • Sagrado Corazón antes e despois da restauración do 2010

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, igrexas parroquiais, patrimonios, Pazo da Marquesa, Escultura

Compartir en: